The Whitest Boy Alive

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
The Whitest Boy Alive
TheWhitestBoyAlive2009.jpg
The Whitest Boy Alive en Londres (2009).
OrixeBerlín, Alemaña
Período2003-2014
Xénero(s)Funk, indie pop, new wave, dance, rock and roll, música electrónica, house
Selo(s) discográfico(s)Bubbles
Service
MembrosErlend Øye
Marcin Öz
Sebastian Maschat
Daniel Nentwig
Artistas relacionadosKings of Convenience
Páxina webhttp://www.whitestboyalive.com/

The Whitest Boy Alive foi un grupo xermano-noruegués con base en Berlín. A banda estaba composta polo cantante/guitarrista Erlend Øye de Kings of Convenience, o baixista Marcin Öz, o batería Sebastian Maschat, e Daniel Nentwig no Rhodes e no Crumar (sintetizador).

Historia[editar | editar a fonte]

The Whitest Boy Alive empezou a súa andaina no ano 2003 en Berlín como un proxecto de música electrónica, e dende entón foi mudando lentamente e empregando menos elementos desta música electrónica. O nome da banda vén da idea dun rapaz europeo do norte, inxenuo e tímido,[1] do que a súa música trata. O selo discográfico alemán do grupo é Bubbles. O seu primeiro disco Dreams foi lanzado o 21 de xuño de 2006 en Alemaña. En xullo de 2007, asinaron con Modular Records o seu lanzamento no Reino Unido e fixeron a súa primeira actuación británica con New Young Pony Club no London Astoria en setembro de 2007. O álbum lanzouse no Reino Unido co sinxelo "Burning" en novembro de 2007.

O grupo sacou o seu segundo álbum Rules en marzo de 2009. Foi gravado nun estudio de nova construción en Punta Burros, Nayarit, México. O seu sinxelo "1517" foi empregado como banda sonora do videoxogo FIFA 10.

A banda empezou a xira The Whitest Boy Alive + The New Wine tour en abril de 2009, visitando Alemaña, Dinamarca, Reino Unido, Suíza, Francia, Países Baixos, Bélxica e Suecia. En 2011 a banda viaxou á China grazas a Split Works.

En xuño de 2014, a grupo anunciaba vía Facebook que "non compoñerían máis nin tocarían xuntos como The Whitest Boy Alive."[2]

Membros[editar | editar a fonte]

  • Erlend Øye - guitarra e voz
  • Marcin Öz - baixo
  • Sebastian Maschat - batería
  • Daniel Nentwig - Rhodes piano and Crumar synthesizer

Discogafría[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "Inflation" (2004)
  • "Burning" (2006)
  • "Burning" (2007) (versión británica)
  • "1517" (2009)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Abberfield, Yvette. "The Whitest Boy Alive Review - The Tivoli Jan 19". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de xuño de 2012. 
  2. "Facebook". Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]