The Walkmen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
The Walkmen
WalkmenConcert.jpg
OrixeFlag of the United States.svg
Período2000 - 2014 (hiato)
Xénero(s)indie rock, post-punk revival
Selo(s) discográfico(s)Record Collection, Startime, Talitres, Gigantic, Fierce Panda, Fat Possum, Bella Union
MembrosHamilton Leithauser
Paul Maroon
Walter Martin
Peter Bauer
Matt Barrick
Páxina webhttp://thewalkmen.com/

The Walkmen é unha banda estadounidense de indie rock, con membros baseados en Nova York e Filadelfia. O grupo formárono no ano 2000 Paul Maroon (guitarra, piano), Walter Martin (órgano, baixo), Matt Barrick (batería), Peter Bauer (órgano, baixo) e Hamilton Leithauser (voces, guitarra), os tres primeiros da banda Jonathan Fire*Eater e os dous últimos de The Recoys. Bauer asistía ao Maret School en Washington, D.C., mentres que o resto dos compoñentes estudaban enSt. Albans, tamén en Washington.

Prefiren o son de instrumentos antigos, particularmente do piano vertical, e adoitan a gravar en Marcata Recording, un estudio de gravación construído en Harlem no ano 1999 polos tres antigos membros de Jonathan Fire*Eater. Dende o ano 2014 a banda está en hiato, con Leithauser, Bauer e Martin traballando nas súas carreiras en solitario.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Everyone Who Pretended to Like Me Is Gone 2002 Startime International
Bows + Arrows 2004 Record Collection
A Hundred Miles Off 2006 Record Collection
"Pussy Cats" Starring the Walkmen 2006 Record Collection
You & Me 2008 Gigantic Music, Fierce Panda
Lisbon 2010 Fat Possum, Bella Union
Heaven 2012 Fat Possum, Bella Union

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pitchfork (ed.). "The Walkmen Go on Indefinite Hiatus". Consultado o 3 de xaneiro de 2018.