Saltar ao contido

The Walking Dead (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Walking Dead
 Instancia de
 Baseado en
Características
 Universo ficticio
 Modo de xogo
 Franquía de medios
 Sistema operativo
 Motor gráfico
 Dispositivo de entrada
Implicados
 Deseñador/a
 Desenvolvedor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
24 de abril de 2012 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0gh79jj Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
65/100 CriticDB Editar o valor en Wikidata
Clasificación
PEGI
USK
IMDB: tt2006890 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Walking Dead (tamén coñecido como The Walking Dead: The Game)[1] é un videoxogo episódico de aventura gráfica baseado na serie de banda deseñada The Walking Dead de Robert Kirkman. O xogo foi desenvolvido por Telltale Games e era previsto que se estrease no 2011, pero demorouse ata o 2012. O xogo consta de cinco episodios, publicados entre abril e novembro de 2012. Telltale tamén publicou versións comerciais co xogo completo. O xogo é válido para Xbox 360, PlayStation 3, Microsoft Windows, iOS e sistema macOS, e para PlayStation Vita dende a gosto de 2013.

O xogo está ambientado no mesmo mundo ficticio que o cómic, e os eventos suceden pouco tempo despois da apocalipse zombi en Xeorxia, Estados Unidos. Porén, moitos das personaxes son orixinais do xogo, como asasino convicto Lee Everett, que rescata e coida á pequena Clementine. Kirkman colaborou na historia do xogo para estar certo de que se correspondía coa banda deseñada, pero permitiu a Telltale que xestionase o traballo de desenvolvemento e as particularidades da historia. Tres personaxes da serie de banda deseñada aparecen no xogo; Hershel Greene, Shawn Greene e Glenn.

Ó contrario que outras aventuras gráficas, The Walking Dead non se centra na resolución de crebacabezas, senón na historia e no desenvolvemento das personaxes. O devir da historia vese afectado polas eleccións nos diálogos do xogador e polas accións nos eventos. Isto pode provocar, por exemplo, que certos personaxes sexan asasinados, ou que a súa disposición de cara á personaxe principal sexa diferente. As eleccións feitas polo xogador consérvanse dun episodio a outro.

The Walking Dead foi louvado pola crítica, destacando o ton emocional da historia e a conexión empática establecida entre Lee e Clementine. O xogo gañou máis de 80 premios "Game of the Year", incluíndo premios do USA Today, GamesRadar, E! Online e Spike Video Game Awards. Máis dun millón de xogadores mercaron cando menos un dos episodios da serie, e a finais do 2012 foron vendidos 8,5 millóns de episodios individuais. O seu éxito interpretouse coma un gran pulo para o debilitado xénero de aventuras. En xullo de 2013, Telltale lanzou un episodio adicional descargable, 400 Days, para estender a primeira temporada e facer unha ponte que conecte coa segunda temporada.

  1. "The Walking Dead: The Game – Episode 5: No Time Left Review". IGN. 19 de novembro de 2012. Consultado o 23 de novembro de 2012.