The Strange Case Of...
The Strange Case Of... | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Halestorm | ||||
Duración | 40:53 | |||
Xénero(s) | hard rock, metal | |||
Selo(s) | Atlantic Records | |||
Producido por | Howard Benson | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
The Strange Case Of... é o segundo álbum de estudio da banda americana Halestorm, o cal foi publicado o 10 de abril de 2012. Este contén as cancións que formaban parte do EP Hello: It's Mz Hyde, que xa fora publicado en xaneiro de 2012[1] e contaron co mesmo produtor do seu primeiro álbum, Howard Benson. O primeiro single Love Bites (So Do I), alcanzou moi rápido os primeiros postos das listas Billboard, destacando que se converte na primeira banda liderada por unha muller en alcanzar o primeiro posto na lista Active Rock da radio nos Estados Unidos de América[2].
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- Love Bites (So Do I) – 3:11
- Mz. Hyde – 3:22
- I Miss The Misery – 3:03
- Freak Like Me – 3:38
- Beautiful With You – 3:16
- In Your Room – 2:46
- Break In – 4:45
- Rock Show – 3:19
- Daughters Of Darkness – 3:55
- You Call Me A Bitch Like It's A Bad Thing – 3:11
- American Boys – 3:28
- Here's to Us – 2:59
Cancións extras
[editar | editar a fonte]A edición Deluxe do álbum, contén a maiores as seguintes cancións:
- Don't Know How to Stop – 3:54
- Private Parts (con James Michael de Sixx:A.M.) - 3:59
- Hate It When You See Me Cry – 3:11
- Here's to us [Guest Version] - 3:15
Singles e videografía
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2012 presentan este segundo álbum cun vídeo para o que é o primeiro single, Love Bites (So Do I). Nese mesmo mes, Here's to Us convértese no segundo single, e dáse a coñecer mediante a serie televisiva da FOX “Glee”, poidéndose escoitar no episodio 14 da terceira temporada[3]. En maio de 2012, publican un vídeo para a canción Freak Like Me con imaxes en vivo, coa intención de promocionar a xira que realizaran no verán dese mesmo ano. O 20 de xuño de 2012 dáse a coñecer o vídeo do que sería o novo single I Miss The Missery. O 9 de xullo do mesmo ano publican un vídeo, coa intención de promocionar a xira europea, que conta coa canción Rock Show. O 11 de febreiro de 2013 publican outro vídeo para a canción Freak Like Me, como agradecemento a todos os seus fans que asistiron aos seus concertos [4]
Créditos
[editar | editar a fonte]- Lzzy Hale - Voz, guitarra, teclado
- Arejay Hale - batería, percusión, voz secundaria
- Joe Hottinger - guitarra, voz secundaria
- Josh Smith - baixo, voz secundaria
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ EP Hello: It's Mz Hyde
- ↑ Halestorm fai historia
- ↑ Here's to Us en Glee[Ligazón morta]
- ↑ "Vídeo de agradecemento de Freak Like Me". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2013.