The Staple Singers
The Staple Singers | |
---|---|
Tipo | grupo musical |
Data de fundación | 1948 |
Premios | Grammy á carreira artística, Grammy á carreira artística e Salón da Fama do Rock |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Staple Singers foi un grupo musical de Chicago pioneiro da música gospel, soul e Rhythm and blues composto pola familia Staples; o pai Roebuck "Pops" Staples (1914 - 2000) e as fillas Cleotha (1934-2013), Pervis (1935), Yvonne (1936), quen substituíu ao seu irmán Pervis en 1970, e Mavis (1939). O grupo estivo activo en dúas etapas non continuas. Fundouse en 1948 na igrexa Mount Zion de Chicago e disolveuse en 1994, para regresar durante o ano 1999, nunha xira xurdida ao ser homenaxeados no Salón da Fama do Rock. Mavis Staples continúa cunha carreira en solitario ata os nosos días en paralelo a un activismo pola loita dos dereitos civís. A banda foi citada como referencia para artistas de rock posteriores como Grateful Dead, The Band ou Prince, na súa canción I Would Die 4 U.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]The Staple Singers consistiron en catro irmás e un irmán que guiados polo pai comezaron na música dentro do coro da igrexa baptista de New Covenant, destacando polas súas cualidades vocais. Os Staples firmaron o seu primeiro contrato profesional en 1952 inlcuíndo na formación a seu pai, en similitude a moitos outros grupos pop familiares dos Estados Unidos naquela época, destacando eles ao optar pola música gospel comezaron a cativar aos oíntes en base a calidade na harmonía vocal e un estilo novidoso, destacado polos críticos actuais. Na década de 1960, os Staples mudáronse ao soul e ao R&B e convertéronse nunha das bandas máis influentes da época. Unha das cancións máis famosas de The Staple Singers é I'll Take You There, publicada en 1972. A canción foi o número un das listas de soul e R&B e segue sendo unha das cancións máis coñecidas da banda. Respect Yourself, éxito posterior, lanzado en 1971 é un referente na historia do soul. O seu éxito de 1977 "Stand By Me" entrou no top ten das listas de Billboard en dúas ocasións: tras a súa publicación como sinxelo en 1961 e en 1986, coincidindo coa publicación da canción na película Conta comigo e co uso da canción para un anuncio de Levi Jeans.[2]
"Stand by Me" quedou no posto 121 da lista das 500 mellores cancións de todos os tempos, elaborada pola revista musical Rolling Stone. BMI nomeou a canción como a cuarta máis interpretada durante o século XX, con máis de sete millóns de interpretacións.
Os Staple Singers tamén influíron na loita polos dereitos civís nos Estados Unidos, liderados polo contacto da familia e activista social Coretta Scott King. A banda estivo preto dos líderes do movemento e a súa música serviu para concienciar sobre os problemas políticos e sociais da época. Cancións como Why? (Am I Treated So Bad) e Long Walk to D.C. son exemplos de como a súa música estivo relacionada coa loita polos dereitos civís.
Discografía
[editar | editar a fonte]- 1959 Uncloudy Day
- 1961 Swing Low Sweet Chariot
- 1962 Hammer and Nails
- 1962 Swing Low
- 1962 The 25th Day of December
- 1963 Gamblin' Man
- 1964 This Little Light
- 1965 Amen!
- 1965 Freedom Highway
- 1967 For What It's Worth
- 1968 Soul Folk in Action
- 1969 Will the Circle Be Unbroken
- 1970 Landlord
- 1970 We'll Get Over
- 1971 The Staple Swingers
- 1972 Be Altitude: Respect Yourself
- 1973 Be What You Are
- 1974 City in the Sky
- 1975 Let's Do It Again
- 1976 Pass It On
- 1977 Family Tree
- 1978 Unlock Your Mind
- 1981 Hold on to Your Dream
- 1981 This Time Around
- 1984 Turning Point
- 1985 The Staple Singers
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Descubre la Historia y el Legado Musical de The Staple Singers" (en castelán). 11-14-2011.
- ↑ "The Staple Singers - Stand By Me" (en castelán). 10-07-2023.