The Rose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 51°30′26″N 0°05′44″O / 51.5072, -0.09547

Mapa de 1593 amosando The Rose en relación ó Bear Garden en Bankside.

The Rose foi un teatro londinense isabelino. Foi o primeiro dos varios teatros que se abriron no Bankside, ao sur do río Támese e fóra da xurisdición das autoridades da cidade de Londres, o que posibilitaba unha maior liberdade. Levantouse en 1587 por obra de Philip Henslowe e John Cholmley. Poligonal na forma, medía case 21 metros de diámetro e tiña capacidade para 2.000 persoas. En 1605 deixou de prestar servizo.