Reptile Database
The Reptile Database é unha base de datos científica que recolle información taxonómica de todas as especies vivas de réptiles (é dicir, non se inclúen especies fósiles como poden ser os dinosauros). A base de datos céntrase en especies (e non en categorías taxonómicas maiores, como familias) e ten entradas para as ~14.000 especies actualmente recoñecidas e as súas subespecies,[1] aínda que adoita haber un atraso duns poucos meses antes de que as novas especies se incorporen e estean dispoñibles en liña. A base de datos recolle os nomes científicos e comúns, sinónimos, literatura, referencias, información da distribución, información do tipo, etimoloxía e outras informacións taxnomicamente relevantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Esta base de datos fundouse en 1995 como EMBL Reptile Database[2] cando o seu fundador, Peter Uetz, era un estudante graduado no European Molecular Biology Laboratory (EMBL) en Heidelberg, Alemaña. Thure Etzold desenvolvera a primeira interface web para as bases de datos de secuencias de ADN de EMBL, que se usaban tamén como interface para a Reptile Database. En 2006, a base de dato trasladouse ao The Institute of Genomic Research (TIGR) e funcionou brevemente como TIGR Reptile Database[3] ata que o TIGR foi integado no J Craig Venter Institute (JCVI), onde Uetz foi un profesor asociado ata 2010. Desde 2010, a base de datos mantívose en servidores situados na República Checa baixo a supervisión de Peter Uetz e Jirí Hošek, un programador checo.[4] A base de datos celebrou o seu 25º aniversario xunto con AmphibiaWeb, que cumpría o seu 20º aniversario en 2021.[5]
Contido
[editar | editar a fonte]
En agosto de 2024, a Reptile Database tiña unha lista de 12.200 especies (incluíndo outras ~2.200 subespecies) nuns 1250 xéneros (ver figura), e ten máis de 60.000 referencias de literatura científica e unhas 22.000 fotos. A base de datos estivo crecendo constantemente desde o seu inicio, cunha media de 100 a 200 novas especies descritas por ano na pasada década.[6] Recentemente, a base de datos tamén engadiu unha lista máis ou menos completa de espécimes tipo primarios.[7]
Relacións con outras bases de datos
[editar | editar a fonte]A Reptile Database foi membro do proxecto Species 2000 que elaborou o Catalogue of Life (CoL), unha metabase de datos de máis de 150 bases de datos de especies que cataloga todas as especies vivas no planeta.[8] O CoL proporciona información taxonómica á Encyclopedia of Life (EoL). A Reptile Database tamén colabora co World Register of Marine Species (WoRMS), o proxecto de ciencia cidadá iNaturalist,[9] e ten ligazóns coa base de datos da Lista Vermella da IUCN. A base de datos de taxonomía do NCBI ten ligazóns coa Reptile Database.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Uetz, Peter; Stylianou, Alexandrea (2018). "The original descriptions of reptiles and their subspecies". Zootaxa 4375 (2): 257–264. PMID 29689772. doi:10.11646/zootaxa.4375.2.5.
- ↑ Uetz, P.; Etzold, T. (1996). "The EMBL/EBI Reptile Database". Herpetological Review 27 (4): 174–175.
- ↑ Uetz, P.; J. Goll; J. Hallermann (2007). "Die TIGR-Reptiliendatenbank". Elaphe 15 (3): 22–25.
- ↑ Abraham, S.A. (9 de xaneiro de 2015). "VCU professor manages comprehensive database to map reptilian lineage". Across the Spectrum. Virginia Commonwealth University.
- ↑ Uetz, Peter; et al. (16 de xuño de 2021). "A Quarter Century of Reptile and Amphibian Databases.". Herpetological Review 52: 246–255 – vía ResearchGate.
- ↑ Uetz, P. (2010). "The original descriptions of reptiles" (PDF). Zootaxa 2334 (1): 59–68. doi:10.11646/zootaxa.2334.1.3.
- ↑ Uetz, Peter; Cherikh, Sami; Shea, Glenn; Ineich, Ivan; Campbell, Patrick D.; Doronin, Igor V.; Rosado, José; Wynn, Addison; Tighe, Kenneth A.; Mcdiarmid, Roy; Lee, Justin L. (2019-11-12). "A global catalog of primary reptile type specimens". Zootaxa (en inglés) 4695 (5): 438–450. ISSN 1175-5334. PMID 31719333. doi:10.11646/zootaxa.4695.5.2. hdl:10141/622594.
- ↑ Catalogue of Life Source databases Arquivado 2020-09-17 en Wayback Machine., consultado en agosto de 2015
- ↑ "iNaturalist". Inaturalist.org. Consultado o 9 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikidata ten a propiedade: identificador The Reptile Database (P5473) (Ver os seus usos) |
- The Reptile Database—Home Page
- Reptile Database Search— Páxina de busca en Reptarium