Os cazapantasmas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Real Ghostbusters»)

The Real Ghostbusters
FormatoAventuras
Creado porDan Aykroyd
Harold Ramis
Desenvolvido porSony Pictures Television
DiC Entertainment[1]
(Cookie Jar Entertainment)
IntérpretesAnimación
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Episodios147
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Joe Medjuck
Micheal C. Gross
Duración30 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeABC[2]
En sindicación
Derradeiro episodio22 de outubro de 1991
Na rede
IMDB: tt0090506 Allocine: 3612 Rottentomatoes: tv/the_real_ghostbusters TV.com: shows/the-real-ghostbusters Netlix: 80169760Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os cazapantasmas (en inglés: The Real Ghostbusters) é unha serie de debuxos animados para a televisión baseada no filme de 1984 Ghostbusters que se emitiu de 1986 a 1991. En Galicia a Televisión de Galicia emitiuna en 1992.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A serie emitiuse orixinalmente de 1986 a 1991, producida por Columbia Pictures Television, DiC Entertainment e Coca-Cola. Na versión orixinal os produtores tiveron que lle engadir "The Real" logo dun contencioso con Filmation que tiña a súa propia versión animada, os Ghost Busters.[3] A serie segue as aventuras un grupo de parasicólogos Peter Venkman, Egon Spengler, Winston Zeddemore, Ray Stantz, a súa secretaria Janine Melnitz e a súa mascota a pantasma Moquete[4] que investigan diversos fenómenos paranormais.

O doutor Peter Venkman é quen toma a decisión de aceptar cada caso, o doutor Egon Spengler é o xenio científico que proporciona a tecnoloxía que o grupo precisa para interactuar co reino etéreo, en moitos dos episodios, Egon atopa a solución cando xa se perdeu toda esperanza, o doutor Ray Stantz é a mente mecánica no equipo, aínda que por dentro é coma un neno. Winston Zeddemore encarna a determinación, sempre co seu raio de protóns a punto. Winston Zeddemore, que na película tiña escaso protagonismo, colleu valor nesta serie.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adelson, Andrea (30/12/1987). "BUSINESS PEOPLE; For Maker of Cartoons, A Chance to Go Public". The New York Times. Consultado o 9/12/2010. 
  2. "Top 100 animated series". IGN. Arquivado dende o orixinal o 15/05/2010. Consultado o 9/12/2010. 
  3. "Interview: Lou Scheimer: A Candid Conversation with Filmation's Founder". The Trades. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2012. Consultado o 21 de outubro de 2009. 
  4. "The Real Ghostbusters Complete Collection". DVD Talk. Consultado o 9/12/2010.