A carta roubada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Purloined Letter»)

A carta roubada
Título orixinalThe Purloined Letter
Autor/aEdgar Allan Poe
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial The Gift for 1845
Galicia Editorial Galaxia
Data de pub. decembro de 1844
Galicia 2010 (colección de Contos completos)
FormatoXornal
Páxinas127
ISBNISBN 978-84-8288-235-2
editar datos en Wikidata ]

A carta roubada[1] (do orixinal inglés: The Purloined Letter) é un relato curto do escritor estadounidense Edgar Allan Poe publicado en 1844 no anuario literario The Gift for 1845 e posteriormente reeditado en numerosos xornais e revistas da época. É a terceira das súas historias de detectives nas que aparece o personaxe de C. Auguste Dupin, sendo as outras dúas "Os crimes da rúa Morgue" e "The Mystery of Marie Rogêt". Estas historias considéranse como importantes precursores das novelas de detectives modernas.

Trama[editar | editar a fonte]

Ilustración de Frédéric-Théodore Lix, 1864.

Neste relato, Dupin debe recuperar unha carta que foi roubada por unha personaxe para poder chantaxear outra.[2]

Está ambientada en París a comezos do século XIX. A policía contacta co detective Dupin e co seu amigo, o narrador, para recuperar unha carta roubada nas cámaras reais, que o ladrón usa para obter poder con fins políticos.

Dupin négase a aceptar o caso, mais dálle consellos ao Prefecto da policía para revisar a propiedade do ladrón. O prefecto entra

a mansión do ministro Danton e inspecciona con microscopio cada recuncho, mais non encontra a carta. Pídelle de novo a Dupin que acepte o caso a cambio dunha recompensa, e este devólvelle a carta que recuperara polos seus propios medios.

Dupin deduciu que o ladrón deixaría a carta nun sitio simple e visible que a policía non revisaría. En efecto, estaba nun tarxeteiro, manchada, engurrada e rota. Dupin substituíu o orixinal por unha copia que preparara, imitando o monograma de Danton cun selo de miolo de pan.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Contos completos III". Editorial Galaxia. Consultado o 26 de febreiro de 2018. 
  2. Giordano, Robert. "The Purloined Letter by Edgar Allan Poe - Poestories.com". Poestories (en inglés). Consultado o 8/2/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.