The Psychedelic Furs
| The Psychedelic Furs | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
The Psychedelic Furs é unha banda inglesa de post-punk fundada no ano 1977. Liderada polo vocalista Richard Butler e o seu irmán Tim Butler no baixo, The Psychedelic Furs é un dos moitos grupos saídos da escena británica do post-punk. A súa música pasou a través de distintas fases, dun austero art rock inicial a tocar posteriormrnte o new wave e o hard rock.
A banda conseguiu varios éxitos nos seus primeiros anos de carreira, pero gañaron a atención internacional en 1986 cando o cineasta John Hughes usou a súa canción "Pretty in Pink" para a súa película co mesmo nome.
The Psychedelic Furs entraron en hiato en 1991, e os irmáns Butler formaron unha nova banda chamada Love Spit Love. The Psychedelic Furs reagruparíase en 2001 e no presente continúa actuando por todo o mundo.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| The Psychedelic Furs | 1980 | Columbia Records |
| Talk Talk Talk | 1981 | CBS Records |
| Forever Now | 1982 | CBS Records |
| Mirror Moves | 1984 | Columbia Records |
| Midnight to Midnight | 1987 | Columbia Records |
| Book of Days | 1989 | Columbia Records |
| World Outside | 1991 | Columbia Records |
| Made of Rain | 2020 | Cooking Vinyl |