The Polar Express
- Para o artigo sobre o filme véxase The Polar Express (filme).
The Polar Express | |
---|---|
Autor/a | Chris Van Allsburg |
Ilustrador/a | Chris Van Allsburg |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Literatura infantil con ilustracións |
Editorial | Houghton Mifflin Harcourt |
Data de pub. | 1985 |
ISBN | ISBN 978-0-395-38949-2 |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Polar Express é un libro infantil inglés escrito e ilustrado por Chris Van Allsburg, un antigo profesor da Rhode Island School of Design. No ano 2004 foi adaptado para o cinema co título homónimo de The Polar Express.
O libro está considerado xeralmente como un clásico de Nadal para lectores novos. Foi louvado polas súas detalladas ilustracións e pola relaxante e tranquila historia. En 1986 gañou a Caldecott Medal de literatura para nenos.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Conta a historia dun rapaz que na Noiteboa está comezando a deixar de crer en Santa Claus. Porén, un tren máxico chamado o Polar Express chega fronte á súa casa e convídao a viaxar ao Polo Norte. En chegando ao Polo Norte, o pícaro é escollido por Santa Claus para recibir o primeiro regalo de Nadal. El escolle un axóuxere brillante e prateado da zorra de Santa e que fai un fermosísimo son. Ao pasaren os anos, a xente do seu contorno dinlle que o axóuxere non funciona xa que non lle escoitan o son, mesmo os pais e a irmá. Mais tamén hai persoas que aínda poden oílo, aqueles que aínda cren verdadeiramente en Santa Claus.