Saltar ao contido

The Only Good Indian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Only Good Indian
 Título
   The Only Good Indian (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Guionista
 Elenco
Datas
 Data de publicación
2009 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/05f7x3s Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt1078917 Rottentomatoes: m/only_good_indian Allmovie: v477646 TV.com: movies/the-only-good-indian Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Only Good Indian é un filme estadounidense de 2009 dirixido por Kevin Willmott.

A historia está ambientada en Kansas a comezos do século XX. Un rapaz kickapoo (intepretado por Winter Fox Frank) é secuestrado da súa familia e obrigado a asistir a un internado indio distante, deseñado para acadar a asimilación cultural dos nativos americanos na sociedade branca dominante. Cando escapa para volver coa súa familia, Sam Franklin (Wes Studi), un cazarrecompensas de orixe cherokee, é contratado para atopalo e devolvelo á escola.

Franklin, un antigo explorador indio para o exército dos Estados Unidos, renunciou á súa herdanza nativa. Adoptou o modo de vida do home branco, crendo que é a única forma de sobrevivir dos indios. Ao longo do camiño, un tráxico incidente impulsou á antiga némese de Franklin, o sheriff Henry McCoy (J. Kenneth Campbell), o "combatente indio", a perseguir tanto a Franklin como ao neno.

O filme presenta tanto a lingua kickapoo como membros do pobo kickapoo.[1]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Wes Studi como Sam Franklin
  • J. Kenneth Campbell como Sheriff Henry McCoy
  • Winter Fox Frank como Charlie
  • Paul Butler como Harkin
  • Thirza Defoe como Sally
  • Christopher Wheatley como Mean Joe
  • Laura Kirk como Miss Harris
  • Delanna Studi como Aquene

O filme rodouse case na súa totalidade en Kansas, sendo a única excepción unha escena no Parque Estatal Ha Ha Tonka de Misuri, con localizacións en Monument Rocks e Fort Larned. A rodaxe tivo lugar entre 2007 e 2008.

Estreouse no Festival de Cinema de Sundance de 2009,[2] proxectado posteriormente noutros festivais de cinema.O filme valeulle a Willmott a honra de "Mellor director" no Festival de Cinema Indio Americano, así como mellor interpretación para Wes Studi e Winter Fox Frank no seu debut como o mozo kickapoo.[3]

Robert W. Butler da Kansas City Star considerou que Wilmott tivo boas intencións pero non se decatou do alcance da historia revisionista. Ao público gustoulle o filme mais non tivo unha ampla distribución.[4] The Hollywood Reporter eloxiou a interpretación de Studi.

Travis Keune, nunha recensión do filme no Festival de Cinema de Saint Louis, dixo que comezou cunha gran premisa e, aínda que a execución foi defectuosa, pagaba a pena vela.[5]

  1. "Kickapoo Language, Culture to be Featured in Film". Hiawatha World Online. 2007-09-12. Arquivado dende o orixinal o 2012-08-10. Consultado o 2012-07-19.
  2. Butler, Robert. "Sundance audiences are loving Kevin Willmott’s ‘The Only Good Indian", The Kansas City Star, 24 de xaneiro de 2009
  3. "American Indian Film Festival". Arquivado dende o orixinal o 2010-07-28. Consultado o 2010-07-03.
  4. The Only Good Indian, Rotten Tomatoes website; consultado o 21 de xullo de 2016
  5. Review: 'The Only Good Indian', We Are Movie Geeks blog, 20 de novembro de 2009; consultado o 21 de xullo de 2016