The Mothman Prophecies (filme)
| The Mothman Prophecies | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
The Mothman Prophecies é un filme estadounidense dirixido por Mark Pellington que se estreou no 2002. Baséase na obra de John Keel The Mothman Prophecies.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Aínda trastornado pola morte da súa esposa por mor dun estraño accidente automobilístico, o periodista John Klein sofre unha avaría co seu coche en plena noite. Ó ir pedir axuda, descobre sorprendido que se atopa nunha pequena vila de Virxinia Occidental, a centos de quilómetros de onde cría estar. A shériff local infórmalle de que unha serie de inexplicables sucesos tiveron lugar nos últimos tempos. Despois de analizar varios casos e de consultar ó especialista en fenómenos paranormais Alexander Leek, Klein comeza a sospeitar que a explicación do estraño suceso podería deberse á presenza de Mothman, unha misteriosa e lendaria criatura que anuncia o desastre e a morte. Esta sospeita pertúrbao até tal punto que as súas máis profundas conviccións comezan a esvaecerse e ten a terrible impresión de atoparse no linde dun universo aterrador e descoñecido.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Richard Gere como John Klein
- Debra Messing como Mary Klein
- Will Patton como Gordon Smallwood
- Lucinda Jenney como Denise Smallwood
- Laura Linney como Connie Mills
- Alan Bates como Alexander Leek
- Mark Pellington como Indrid Cold (voz)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)