Anna, unha atractiva violinista, vive provisionalmente co seu mozo Walter no apartamento do seu exmarido. Cando este descobre a situación, a parella vese obrigada a buscar outra vivenda. Un amigo de Walter, que é axente da propiedade, proporciónalle unha auténtica “bicoca” nos arredores da cidade.