The Lady of Shalott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"The Lady of Shalott" é unha balada do poeta inglés Alfred Tennyson. Como os seus outros poemas  – "Lancelot, "Raíña Xenevra", e "Galaaz" – o poema enfócase no Rei Artur e está baseado en fontes medievais. Tennyson escribiu dúas versións do poema, unha publicada en 1833, de 20 estrofas, e outra en 1842, de 19 estrofas.

The Lady of Shalott por John William Waterhouse , 1888 (Tate, Londres)

Descrición[editar | editar a fonte]

The Lady of Shalott Looking at Lancelot por Waterhouse, 1894

O poema está baseado na lenda do Rei Artur de Elaine de Astolat, como reconto dunha novela italiana do século XIII titulada Donna di Scalotta. Tennyson centrouse no illamento da ''Lady'' (Señora) na torre e a súa decisión para participar no mundo vivente, dous asuntos nin sequera mencionados en Donna di Scalotta."[1]

Estrutura[editar | editar a fonte]

As primeiras catro estrofas do poema describen un contorno pastoril. ''The Lady of Shalott'' (A Señora de Shalott) vive nun castelo dunha illa nun río que flúe a Camelot, mais os labradores locais saben pouco sobre ela.

Dende a estrofa cinco ata a oito describe a vida da señora. Padece unha maldición misteriosa e ten que crear imaxes na súa cabeza continuamente sen ollar directamente fóra, no mundo. Pola contra, olla a un espello o cal reflicte a estrada ocupada e as persoas de Camelot que pasan pola súa illa. As imaxes reflectidas son descritas como "shadows of the world" ("sombras do mundo"), unha metáfora que fai aclarar que son un mal substituto da ollada directa ó mundo ("I am half-sick of shadows", "estoy medio-enferma de sombras").

Da estrofa nove á doce, describe ao "Señor Lancelot" cando monta a cabalo e é visto pola señora.

As sete estrofas restantes describen o efecto de ver a Lancelot na señora; para de crear imaxes na súa cabeza e olla Camelot desde a súa fiestra, deixando atrás a maldición. Deixa a súa torre, atopa unha barca á cal escribe o seu nome, e navega río abaixo cara Camelot. Ela morre antes de chegar ao palacio. Entre os cabaleiros e señoras que a viron está Lancelot, quen pensa que é preciosa.

Ilustración por W. E. F. Britten para unha edición de 1901 dun dos poemas de Tennyson

Temas[editar | editar a fonte]

Segundo o erudito Anne Zanzucchi, "nun sentido máis xeral, é xusto dicir que a fascinación do poema está á altura do traballo de Tenysson".[1] O biógrafo de Tenysson Leonée Ormonde comenta do poema que está "presentado como un axuste válido para o estudo do artista e os perigos do illamento persoal".

Os críticos feministas[2] ven o poema preocupados de asuntos da sexualidade das mulleres e o seu sitio no mundo vitoriano. Os críticos argumentan que The Lady of Shalott céntrase ao redor da tentación da sexualidade e a súa inocencia preservada por morte.[3] Christine Poulson fala desde un punto de vista feminista e suxire: "a fuxida da Lady of Shalott (Señora de Shalott) desde a súa torre é un acto de rebeldía, un símbolo do poder feminino...". Desde o punto de vista de Poulson, fuxir desde a torre permite Señora de Shalott romper emocionalmente, sendo comparable coa sexualidade feminina.[3]

A representación da morte tamén foi interpretada como sono. O crítico Christine Poulson di que o sono ten unha connotación de vulnerabilidade e abandono físico, os cales tampouco poden suxerir cumprimento sexual ou ser unha metáfora para a virxindade. Algúns contos de fadas, como Sleeping Beauty ou Brancaneves, tradicionalmente dependeron desta asociación. Así que, ao que á Lady of Shalott (Señora de Shalott) se refire, Poulson di: "ao moriren converteuse nunha Sleeping Beauty que nunca pode ser espertada, símbolos de pasividade feminina perfecta."[3]

Críticos como Hatfield suxeriron que The Lady of Shalott é unha representación de como Tennyson vía a sociedade; a distancia á que outras persoas están nos ollos da señora é simbólico da distancia que sente coa sociedade. O feito de que ela só os ve reflectidos por un espello sinala o xeito en que Shalott e Tennyson ven o mundo. Esta distancia está por tanto vinculada á licenza artística coa cal Tennyson escribiu.

Influencia cultural na arte[editar | editar a fonte]

"I Am Half-Sick of Shadows," Said the Lady of Shalott de Waterhouse

O poema era particularmente popular entre artistas da Irmandade Prerrafaelista, que compartían intereses con Tennyson; moitos destes artistas teñen pinturas baseadas en episodios deste poema. Dous aspectos, en particular, do poema, intrigaron a estes artistas: a idea da señora atrapada na súa torre e a moza moribunda río abaixo cara a Camelot.[4]

No ano 1857, en Moxon escríbese unha edición do poema de Tennyson ilustrada por William Holman Hunt e Dante Gabriel Rossetti, Hunt describiu o momento cando a Señora volve para ver a Lancelot. No fondo da ilustración, Hunt engade a xanela que con Lancelot cunha pintura da crucifixión de Cristo. Segundo Christine Poulson, esta crucifixión representa un modelo de sacrificio que resalta o ideal que a Señora de Shalott non logra representar.[3] Poulson tamén considera esta representación do asunto no contexto das funcións cambiantes das mulleres nos 1880 e 1890, suxerindo que serviu como advertencia de morte inminente a mulleres que deron un paso desde as súas funcións restrinxidas e exploraron os seus desexos.[4]

Lady of Shalott de William Holman Hunt (1905)

Rossetti describiu a contemplación de Lancelot da cara preciosa da Señora. Tampouco a ilustración compraceu a Tennyson, quen deu a Hunt a tarefa para describir a Señora collida nos fíos do seu tapiz, algo que non é descrito no poema. Hunt explicou que quixo resumir o poema enteiro nunha imaxe soa, e que o aprisionamento polos fíos suxeriron o seu "destino estraño". A escena fascinaba a Hunt, quen regresou á composición en puntos da súa vida e finalmente pintou unha versión de escala grande pouco antes da súa morte. Requiriu axudantes, cando estaba demasiado feble para completalo. Isto considerouse unha alusión profunda da Señora, atrapada afastada da realidade, creando imaxes na súa cabeza. Este traballo está recollido na colección do Museo de Arte Wadsworth Atheneum de Hartford, Connecticut. John William Waterhouse pintou tres episodios do poema. En 1888, pintou a Señora que marcha para Camelot na súa barca; este traballo está recollido na Tate. En 1894, Waterhouse pintou a Señora no momento en que mira pola xanela para ollar a Lancelot; este traballo está recollido na Galería de Arte da Cidade en Leeds. Poulson argumenta que o estilo impresionista da pintura de Waterhouse na súa interpretación da Señora de Shalott de 1894 evoca un "sentido de vitalidade e urxencia".[3] En 1915, Waterhouse pintou "I Am Half-Sick of Shadows," Said the Lady of Shalott, cando senta antes dunha das súas visións; este traballo está recollido na Galería de Arte de Ontario.

Elaine chega a Camelot.

Debido á semellanza nas historias, as pinturas de Elaine de Astolat adoitan ser moi similar a pinturas da Señora de Shalott. A presenza dun criado que rema a barca é un aspecto que as distingue.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Zanzucchi, Anne. "The Camelot Project at the University of Rochester: Alfred Lord Tennyson". Consultado o 10 January 2008. 
  2. Brownbridge, Joshua (2016). "The Lady of Shalott is an allegory for female oppression in the Victorian era and serves as Tennyson’s argument against the established gender roles.". 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Poulson, Christine. Death and the Maiden: The Lady of Shalott and the Pre-Raphaelites. pp. 173–194. 
  4. 4,0 4,1 Poulson, Christine (1995). Reframing the Pre-Raphaelites. Aldershot, England: Scolar Press. p. 173. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Thomas L. Jeffers, "Nice Threads: Tennyson’s Lady of Shalott as Artist,” Yale Review 89 (Fall 2001), 54–68.
  • Thomas L. Jeffers, “Tennyson’s Lady of Shalott and Pre-Raphaelite Renderings: Statement and Counter-Statement,” Religion and the Arts 6:3 (2002), 231-

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]