Saltar ao contido

The Irishman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Irishman
Imaxe
 Instancia de
 Título
The Irishman (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Caracterizado por
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Representa a
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Distribuidor/a
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
27 de novembro de 2019 (Reino Unido)
21 de novembro de 2019 (Hungría)
27 de novembro de 2019 (Francia)
27 de setembro de 2019 (Festival de Cinema de Nova York)
1 de novembro de 2019 (Estados Unidos de América)
14 de novembro de 2019 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Óscar ó mellor filme (13 de xaneiro de 2020) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración209 min Editar o valor en Wikidata
Custo159000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación885600 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0r4pk15 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
7.8/10 Internet Movie Database (9 de marzo de 2026)
94/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
95% Rotten Tomatoes (11 de xuño de 2023)
8.8/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt1302006 Filmaffinity: 325196 Allocine: 139628 Rottentomatoes: m/the_irishman Allmovie: v471761 TCM: 2133446 Metacritic: movie/the-irishman
Facebook: TheIrishmanFilm Twitter: TheIrishmanFilm Instagram: theirishmanfilm Netlix: 80175798 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Irishman (tamén titulado nas pantallas I Heard You Paint Houses) é un filme estadounidense de 2019 dirixido e producido por Martin Scorsese e escrito por Steven Zaillian, que está baseado no libro de 2004 I Heard You Paint Houses de Charles Brandt. Está protagonizado por Robert De Niro, Al Pacino e Joe Pesci, xunto con Ray Romano, Bobby Cannavale, Anna Paquin, Stephen Graham, Stephanie Kurtzuba, Jesse Plemons e Harvey Keitel nos papeis secundarios. Conta a historia de Frank Sheeran (De Niro), un condutor de camións que se converte nun matón baixo as ordes de Russell Bufalino (Pesci) e a súa familia criminal, así como para o poderoso Jimmy Hoffa (Pacino).

En setembro de 2014, despois de anos no limbo da fase de desenvolvemento, The Irishman foi anunciado como o próximo filme de Scorsese despois de Silence (2016). De Niro, que tamén serviu como produtor, e Pacino foron confirmados ese mes, así como Pesci, que saíu do seu retiro non oficial logo de ser preguntado numerosas veces para tomar o papel. A fotografía principal comezou en setembro de 2017 na cidade de Nova York, en Mineola e Williston Park de Long Island, e estendeuse até marzo de 2018. Cun orzamento de produción de 159 millóns de dólares e unha duración de 209 minutos, é o filme máis longo de Scorsese e está entre os seus máis custosos da súa carreira.

The Irishman estreouse na 57ª edición do Festival Internacional de Cinema de Nova York, e tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 1 de novembro de 2019, seguida por unha estrea en streaming dixital en Netflix o 27 de novembro de 2019. Foi aclamado pola crítica, que louvou a dirección de Scorsese e as interpretacións de De Niro, Pacino e Pesci. O filme recibiu numerosos galardóns.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]