The Irish Times é un diarioirlandés, publicado en formato estándar ou grande formato (en inglés broadsheet). Foi fundado en 1859 e o seu actual editor é Ruadhan Mac Cormaic que substituíu a Paul O'Neill en 2022. O xornal é considerado o máis influente de Irlanda.[1]
The Irish Times foi fundado polo comandante Lawrence E. Knox, e a súa primeira edición publicouse o 29 de marzo de1859. A partir de entón, saíu unha nova edición todos os martes, xoves e sábados, até o 8 de xuño dese mes, que pasou a ser diaria.[2]
Após a morte de Knox en 1873, o xornal foi comprado pola familia Arnott, que o controlou durante uns 50 anos. En 1974, pasou a formar parte dunha compañía fiduciaria: a Irish Times Trust.[2]
The Irish Times é publicado principalmente en lingua inglesa, pero ocasionalmente inclúe artigos ou seccións en gaélico irlandés, en particular contidos sobre temas culturais ou de relevancia nacional irlandesa. O uso do gaélico é parte do esforzo para promover e preservar a lingua, unha das dúas linguas oficiais do país xunto co inglés.[3]