The Interrupters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Interrupters
OrixeOs Ánxeles, California,
Período2011 - presente
Xénero(s)ska punk, punk rock, street punk, 2 tone, ska
Selo(s) discográfico(s)Hellcat Records, Epitaph Records, Pirates Press
MembrosAimee Interrupter
Kevin Bivona
Justin Bivona
Jesse Bivona
Artistas relacionadosRancid, Tim Timebomb and Friends, Transplants, Green Day, Sugar Ray
Na rede
wearetheinterrupters.com
IMDB: nm10004771 Facebook: wearetheinterrupters Youtube: UCHLYhebp9oaoqj_u0yG0ZYA Bandcamp: theinterrupters Spotify: 25Maank76ry2Tmbi2Ql1SF iTunes: 886243994 Last fm: The+Interrupters Musicbrainz: f8ed032c-0d34-4ae6-a069-91417097509e Songkick: 6192339 Discogs: 3397070 Allmusic: mn0003153419 Deezer: 5945602 Editar o valor em Wikidata

The Interrupsters é un grupo estadounidense de ska punk que se formou nos Ánxeles no ano 2011. A banda está formada por Aimee Interrupter (voz principal), Jessie Bivona (batería), Justin Bivona (baixo) e Kevin Bivona (guitarra). Ata a data editaron tres álbums, o último deles, Fight the Good Fight, no ano 2018, xunto co sinxelo principal do disco, "She's Kerosene".[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Formación e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Os tres irmáns Bivona coñeceron á solista Aimee Allen en 2009, mentres viaxaba coa súa banda Telacasters apoiando a The Dirty Heads e Sugar Ray. En 2011 Aimee e Kevin comezaron a escribir cancións xuntos e trouxeron aos irmáns de Kevin, os xemelgos Jesse e Justin, para tocar a batería e o baixo. Isto levou aos catro a formar The Interrupters.[2]

A banda comezou cedo facendo xiras con bandas como Rancid, The Transplants, Devil's Brigade e Left Alone, ademais de tocar no festival estadounidense Riot Fest en Chicago e Denver, e no festival canadense Amnesia Rockfest, todo isto antes de lanzar o seu primeiro álbum.

A miúdo participaron no proxecto de Tim Armstrong chamado Tim Timebomb and Friends, que viu o lanzamento en liña dunha canción ao día durante un ano. Tamén foron membros do grupo de xira. O primeiro sinxelo lanzado foi a canción "Liberty", seguido pouco despois pola canción "Family", que contou con Tim Armstrong como vocalista invitado e que foi lanzada a través do proxecto Tim Timebomb and Friends. Os dous sinxelos foron lanzados como unha edición limitada de 7" a través de Pirates Press Records.

The Interrupters, Say It Out Loud[editar | editar a fonte]

O disco homónimo de The Interrupters foi lanzado o 5 de agosto de 2014 por Hellcat/Epitaph Records. O disco debutou no número 95 na lista de álbums estadounidense de iTunes.[3] O primeiro sinxelo, "Take Back The Power", foi usado en anuncios de T-Mobile,[4] Shameless, do Home Run Derby 2016 da MLB,[5] e na película de Michael Moore Where to Invade Next,[6] ademais de aparecer nos créditos finais do filme.

Tras o lanzamento a banda xirou polos Estados Unidos e o Canadá para promocionar o álbum coas simpatías de The Mighty Mighty Bosstones, Street Dogs, Less Than Jake, Big D and The Kids Table, Reel Big Fish, Rancid e The English Beat. A banda tamén xirou por Europa con Bad Religion, e tocou no Soundwave Festival en Australia e no Groezrock Festival en Bélxica.

O segundo álbum de The Interrupters, Say It Out Loud, foi editado o 24 de xuño de 2016 novamente a través de Hellcat/Epitaph Records. Tamén foi producido por Tim Armstrong e chegou ao número 7 da lista de álbums Billboard Heatseekers,[7] ao 25 na Billboard Independent Albums,[8] ao 38 na Billboard Top Rock Albums,[9] e ao 22 na Billboard Vinyl Albums,[10] e estreouse no número 56 na lista estadounidense de álbums de iTunes.[11]

Para promocionar Say It Out Loud, a banda tocou en toda a Vans Warped Tour durante o verán de 2016,[12] e despois embarcouse na súa primeira xira estadounidense como cabeza de cartel, levando ao grupo de Fat Wreck Chords Bad Cop Bad Cop como abreconcertos.[13]

Fight the Good Fight[editar | editar a fonte]

O 2 de maio de 2018 The Interrupters anunciou que o álbum Fight the Good Fight, producido por Tim Armstrong, sería lanzado o 29 de xuño por Hellcat/Epitaph.[14] O primeiro single, "She's Kerosene", alcanzou o número 4 na lista da Billboard de cancións alternativas.[15] O álbum chegou ao número 2 na lista de discos independentes da Billboard,[16] e ao número 141 na Billboard 200.[17] A banda apareceu na portada da revista Kerrang! en abril de 2019[18] e foi nomeada para un premio Kerrang! Awards dese ano.[19]

Billy Kottage, antigo membro de Reel Big Fish, estivo xirando co grupo dende principios de 2019, tocando o órgano Hammond Organ e o trombón.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Aimee Interrupter - voz principal (2011 - presente)
  • Kevin Bivona - guitarra, voz principal e coros (2011 - presente)
  • Justin Bivona - baixo, coros (2011 - presente)
  • Jesse Bivona - batería, coros (2011 - presente)

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • The Interrupters, (Hellcat/Epitaph, 2014)
  • Say It Out Loud, (Hellcat/Epitaph, 2016)
  • Fight the Good Fight, (Hellcat/Epitaph, 2018)

Recompilatorios e splits

  • 2016 Warped Tour Compilation – varios artistas, Side One Dummy Records (2016)
  • Hooligans United: A Tribute to Rancid – Varios artistas, Hellcat/Smelvis Records (2015)
  • Dale la Bota – varios artistas, Smelvis Records (2013)
  • 2018 Warped Tour Compilation – varios artistas, Side One Dummy Records (2018)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Meet The Interrupters, the First Female-Fronted Ska Band With an Alternative Radio Hit Since No Doubt". Billboard. Consultado o 2019-11-25. 
  2. "Soundproof: The Interrupters". Consultado o 2019-11-25. 
  3. "iTunesCharts.net: 'The Interrupters (Deluxe Edition)' by The Interrupters (American Albums iTunes Chart)". www.itunescharts.net. Consultado o 2019-11-25. 
  4. "T-Mobile TV Commercial, 'Never Settle for Verizon' Song by The Interrupters". iSpot.tv (en inglés). Consultado o 2019-11-25. 
  5. "r/NameThatSong - Song during home run derby commercial". reddit (en inglés). Consultado o 2019-11-25. 
  6. "Where to Invade Next Official Trailer 1 (2016) - Michael Moore Documentary HD". Consultado o 2019-11-25. 
  7. "Heatseekers Albums: Up and Coming Musicians Chart". Billboard. Consultado o 2019-11-25. 
  8. "Independent Albums". Billboard. Consultado o 2019-11-25. 
  9. "Rock Albums". Billboard. Consultado o 2019-11-25. 
  10. "Vinyl Albums : Page 1". Billboard. Consultado o 2019-11-25. 
  11. "iTunesCharts.net: 'Say It Out Loud' by The Interrupters (American Albums iTunes Chart)". www.itunescharts.net. Consultado o 2019-11-25. 
  12. "Vans Warped Tour announces 2016 lineup". The Know (en inglés). 2016-03-24. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-25. 
  13. Bottlerocket, Screeching (2016-08-15). "The Interrupters & Bad Cop/Bad Cop announce North American tour". Dying Scene (en inglés). Consultado o 2019-11-25. 
  14. Woolsey, Brittany (2018-06-19). "The Interrupters Learn to Fight the Good Fight From Bands Like Green Day and Rancid". OC Weekly (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-25. 
  15. "Alternative Songs: Top Alternative Songs Chart". Billboard. Consultado o 2019-11-25. 
  16. "Independent Albums". Billboard. Consultado o 2019-11-25. 
  17. "Top 200 Albums | Billboard 200 chart". Billboard. Consultado o 2019-11-25. 
  18. "Kerrang! (UK) 10 abr. 2019". www.pressreader.com. Consultado o 2019-11-25. 
  19. "Kerrang! Awards 2019 Preview - My Picks". soundmouth.blogspot.com. Consultado o 2019-11-25.