The Green Mile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A milla verde
The Green Mile logo.jpg
Logo do filme
Ficha técnica
Título orixinal The Green Mile
Director Frank Darabont
Produtor Frank Darabont
David Valdes
Guión Frank Darabont
Baseado en The Green Mile de Stephen King
Intérpretes Tom Hanks
David Morse
Bonnie Hunt
Michael Clarke Duncan
James Cromwell
Música Thomas Newman
Fotografía David Tattersall
Montaxe Richard Francis-Bruce
Estudio Castle Rock Entertainment
Distribuidora Warner Bros.
Estrea 1999
Duración 188 minutos
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Drama
Orzamento $60 000 000[1]
Recadación $290 701 374

The Green Mile é un filme estadounidense dirixido por Frank Darabont que foi estreado en 1999. Está baseada na novela The Green Mile de Stephen King escrita en 1996. O filme está contado en modo de flashback e está protagonizado por Tom Hanks, que interpreta a Paul Edgecomb, e por Michael Clarke Duncan como John Coffey. A historia trata sobre a vida de Paul como funcionario de prisións no corredor da morte durante a Gran Depresión nos Estados Unidos, e os eventos sobrenaturais dos que é testemuña.

O filme foi nomeado a catro Premios Oscar: mellor actor secundario para Michael Clarke Duncan, mellor filme, mellor son e mellor guión adaptado.

Argumento[editar | editar a fonte]

Nun lugar do sur dos Estados Unidos, en plena Depresión, Paul Edgecomb é un funcionario de prisións encargado de vixiar a Milla Verde, un corredor que separa as celas dos presos condenados á cadeira eléctrica. John Coffey, un xigantesco afroamericano acusado de asasinar brutalmente a dúas irmás de nove anos está agardando a súa inminente execución. Tras unha personalidade inxenua e infantil, Coffey agocha un prodixioso don sobrenatural. Cando se presenta a ocasión de poñelo en práctica, Edgecomb aprenderá que os milagres existen, mesmo nos lugares máis insospeitados.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]