The Girl on the Train (filme de 2021)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

The Girl on the Train
Ficha técnica
Título orixinalद गर्ल ऑन द ट्रेन
DirectorRibhu Dasgupta
ProdutorVivek B. Agrawal
Shibashish Sarkar
GuiónRibhu Dasgupta
Viddesh Malandkar
Baseado enThe Girl on the Train de Paula Hawkins
Intérpretes
MúsicaGilad Benamram
Chandan Saxena
Cancións:
Sunny and Inder Bawra
Vipin Patwa
FotografíaTribhuvan Babu Sadineni
MontaxeSangeeth Varghese
EstudioReliance Entertainment
Amblin Entertainment
DistribuidoraNetflix
Estrea26 de febreiro de 2021
Duración120 minutos[1]
OrixeIndia India

The Girl on the Train (en hindi: द गर्ल ऑन द ट्रेन) é un filme indio de 2021 dirixido por Ribhu Dasgupta e producido baixo as produtoras Amblin Entertainment e Reliance Entertainment. O filme está baseado na novela homónima da escritora británica Paula Hawkins, e está protagonizado por Parineeti Chopra, no papel dunha muller india divorciada con problemas de alcoholismo que se ve envolta nunha investigación de asasinato. O resto do elenco está composto por Avinash Tiwary, Aditi Rao Hydari e Kirti Kulhari.

A fotografía principal comezou o 4 de agosto de 2019. A estrea pospúxose por mor da pandemia de COVID-19. O filme estreouse finalmente o 26 de febreiro de 2021 a través de Netflix.[2]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Girl on The Train (2021)". British Board of Film Classification. Consultado o 26 de febreiro de 2021. 
  2. "Parineeti Chopra's The Girl on The Train to release on Netflix on Feb 26". India Today. 13 de xaneiro de 2021. Consultado o 13 de xaneiro de 2021. 
  3. "The Girl on the Train teaser: Parineeti is intense as hell". The Indian Express. 13 de xaneiro de 2021. Consultado o 22 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]