The Garden of the Gods

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Garden of the Gods
Autor/a Gerald Durrell
Orixe Reino Unido
Lingua inglés
Tema(s) Saga da vida de Gerald Durrell en Corfú
Xénero(s) Novela autobiográfica
Editorial William Collins Sons & Co. Ltd
Data de pub. 1978
Precedido por A miña familia e outros animais (1956)
Birds, Beasts, and Relatives (1969)

The Garden of the Gods ("O xardín dos deuses") é unha novela autobiográfica do naturalista Gerald Durrell, publicada en 1978. Conta as súas vivencias na illa grega de Corfú na súa infancia, entre 1935 e 1939. Describe a vida da familia Durrell na illa dun xeito humorístico, ao tempo que fala da fauna da rexión. É a terceira parte da súa triloxía de Corfú, iniciada co' A miña familia e outros animais (1956) e Birds, Beasts, and Relatives (1969).

Trama[editar | editar a fonte]

Ao igual que os dous libros anteriores da triloxía, relátanse de forma humorística os eventos vividos en Corfú entre 1935 e 1939 por Gerald (que tiña entre 10 e 15 anos), a súa nai Louisa Florence Durrell, e os seus irmáns Larry, Leslie e Margo.

Como nos dous primeiros volumes da triloxía de Corfú, o libro está cheo de descricións das exploracións pola illa na procura de fauna local, e as aventuras e peripecias vividas pola familia xunto con outros personaxes secundarios como Spiro (o taxista e amigo grego), Teo Stephanides (amigo da familia, médico, poeta e naturalista) e o señor Kralefsky (titor de Gerald). Amais, aparecen novos personaxes como Lumis Bean, Harry Bunny, o príncipe Jeejeebuoy e a condesa Rossignol.