A serie está baseada na serie de banda deseñada de Forsman The End of the Fucking World, que foi recollida nun libro no ano 2013. O creador da serie Jonathan Entwistle contactou con el sobre a posibilidade de facer un filme, e creouse unha curtametraxe en 2014. No seu canto, encargouse unha serie de oito episodios, cuxa rodaxe comezou en abril de 2017. Foi escrita por Charlie Covell, e os episodios foron dirixidos por Entwistle e Lucy Tcherniak. En agosto de 2018, a serie foi renovada para unha segunda tempada, que se estreou en Channel 4 o 4 de novembro de 2019, despois do cal os oito episodios foron emitidos en All 4, e internacionalmente a través de Netflix o día seguinte. Covell declarou antes da estrea da segunda tempada que non se produciría unha terceira tempada.
A serie foi louvada polo seu guión, execución e temática, así como polas interpretacións de Lawther e Barden. Foi nomeado nos British Academy Television Award á mellor serie dramática.[1]