The Dears

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Dears
OrixeMontreal, Canadá
Período1995 - presente
Xénero(s)indie rock
Selo(s) discográfico(s)Pheromone, Grenadine, MapleMusic, Bella Union, Arts & Crafts, Dangerbird, Albert, Arts & Crafts México
MembrosMurray Lightburn
Natalia Yanchak
Jeff Luciani
Artistas relacionadosThrush Hermit, Pony Up
Na rede
thedears.org
IMDB: nm3166719 Facebook: TheDears Twitter: thedears Tumblr: thedears MySpace: thedears Youtube: UC0KW6ntu-vpk8FJQjdDandA Bandcamp: thedearsSouncloud: thedears Spotify: 2qljmykdCfgGy9zUw7UqkX iTunes: 7233309 Last fm: The+Dears Musicbrainz: ca7ce20f-c735-4ad9-b664-d8d83b3c7948 Songkick: 135321 Discogs: 296667 Allmusic: mn0000786672 Deezer: 3357 Editar o valor em Wikidata

The Dears é unha banda canadense de indie rock procedente de Montreal, Quebec. O grupo está liderado polo matrimonio formado polo cantante e guitarrista Murray Lightburn e a teclista Natalia Yanchak. Ata a data a banda leva publicados sete álbums de estudio.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A banda formouse no ano 1995 e publicou o seu primeiro álbum de estudio, End of a Hollywood Bedtime Story, en 2000.[2] O seu son pop escuro e orquestral e os seus dramáticos concertos situaron a The Dears como parte do emerxente renacemento do indie canadense da época.

En 2001 e 2002 a banda publicou os EPs Orchestral Pop Noir Romantique e Protest, ademais dunha colección de cancións inéditas, Nor the Dahlias. En 2003 editaron o seu segundo álbum de estudio, No Cities Left, e unha serie de concertos no festival SXSW '04 lanzou a súa carreira internacional.[3]

The Dears xirou estensamente polo Canadá, os Estados Unidos, Europa, Xapón e Australia promocionando o lanzamento internacional de No Cities Left e regresou ao estudio de gravación en 2005. Gang of Losers foi publicado en 2006 e foi ben recibido pola prensa.[4]

The Dears tiveron actuación de alto perfil como abreconcertos para Sloan, The Tragically Hip, Keane, The Secret Machines e Morrissey, con que se adoita a comparara a Lightburn. A súa música foi descrita como un cruzamento entre The Smiths e Serge Gainsbourg coa voz de Lightburn sendo relacionada coa de Morrissey e a de Damon Albarn. A complexidade da súa música e arranxos tamén foi comparada con Radiohead, Jethro Tull e Genesis. Os potentes concertos de The Dears foron descritas como "...o equivalente sonoro de ver a cara de Deus".[5]

O 10 de xullo de 2007 o álbum Gang of Losers foi nomeado á lista curta do Polaris Music Prize.[6] O seu seguinte álbum, Missiles, foi editado o 20 de outubro de 2008 no Reino Unido e no día seguinte en Norteamérica.

O 15 de febreiro de 2011 The Dears publicaron o seu quinto álbum de estudio, Degeneration Street. O álbum foi nomeado á lista longa do Polaris Music Prize dese ano.[7]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
End of a Hollywood Bedtime Story 2000 Grenadine Records
No Cities Left 2003 MapleMusic Recordings
Gang of Losers 2006 MapleMusic Recordings, Arts & Crafts, Bella Union
Missiles 2008 Dangerbird Records, MapleMusic Recordings
Degeneration Street 2011 Dangerbird Records, Pheromone Recordings
Times Infinity Volume One 2015 Dangerbird Records
Times Infinity Volume Two 2017 Paper Bag Records, Dangerbird Records
Lovers Rock 2020 Dangerbird Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Dears". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-04-20. 
  2. Carpenter, Lorraine (2011). The Dears: Lost in The Plot. Montreal, QC: Invisible Publishing. ISBN 192674313X
  3. "Drowned in Sound - Reviews - Albums - The Dears - No Cities Left". web.archive.org. 2007-02-28. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2007. Consultado o 2020-04-20. 
  4. "Gang Of Losers by The Dears" (en inglés). Consultado o 2020-04-20. 
  5. "Chart Attack - Best Magazine 2020". Chart Attack (en inglés). Consultado o 2020-04-20. 
  6. "Gang of Losers". Polaris Music Prize (en inglés). Consultado o 2020-04-20. 
  7. "Polaris Music Prize Reveals 2011 Long List". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2020-04-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]