The Curious Enlightenment of Professor Caritat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

The Curious Enlightenment of Professor Caritat ou A Viaxe do profesor Caritat ou as desventuras da razón é un libro de Steven Lukes publicado no ano 1995.

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia comeza coa captura do protagonista da historia Nicholas Caritat que era un experto estudoso da Ilustración, por parte das autoridades do seu propio país, Militaria. O optimismo e o libre pensamento do protagonista absolutamente absorto polas ideas ilustradas, considerase unha ameza en Militaria. Pero por sorte un grupo opositor ao réxime consegue liberalo. O grupo opositor que o libera chamado “A man” encoméndalle unha misión: ten que atopar nalgún lugar a sociedade perfecta e o país perfecto.

Así con este propósito o protagonista comeza a súa viaxe en Utilitaria, cuxa capital é Cálcula. Un país no que rexenta unicamente a regra da maximización, xa sexa na saúde, educación, felicidade... e no que todo é susceptible de amoldarse a fórmulas e enfoques matemáticos. A fin de todas estas accións segundo os que a gobernan é o benestar do maior número de individuos posibles. Pero Caritat non acaba de amoldarse a esta sociedade. Grazas a mediación dun clérigo o protagonista consegue escapar e seguir a súa viaxe.

A seguinte estancia da súa viaxe desenvólvese en Comunitaria, cuxa capital, Políglopis, é o crisol dunha multitude étnico-relixiosa. A convivencia de tal variedade de personalidades, ás veces excluíntes e irrecoñecibles entre si, resulta dunha enorme complexidade. Unha cidade na que a norma do politicamente correcto debe levarse ao extremo cerca a liberdade de expresión pero, ao mesmo tempo, nela outórgaselle validez a calquera formulación ideolóxica; e todo isto asfixia o protagonista. De camiño a Libertas, Nicholas pasa por Proletaria, na que ten un soño dunha sociedade perfecta pero o soño so foi un mera imaxinación da súa mente, xa que ao espertar atopouse na máis absoluta realidade.

Logo dese curioso soño, Nicholas abandona Proletaria e presentase en Libertas, capital de Libertaria. Neste país a sociedade goza libremente da máxima liberdade de acción. Pero máis tarde decátase de que esa liberdade é mal entendida, e que o único que se atopa é unha sociedade presa, presa dunha lóxica económica que impón aos individuos un perverso sistema de vida. O Estado desaparece e privatízanse hospitais, montes, bibliotecas, policías...

O protagonista remata fuxindo de Libertas e buscando na fronteira norte a ilusión de Egalitas. Este país consiste en harmonizar todos os ideais anteriores sen deixar que ningún deles nos faga esquecer aos demais, porque isto só conduce ao fanatismo.

Tamén destaca que o protagonista para poder aclarar os seus pensamentos conversando en ocasión con filósofos célebres e de gran importancia e contribución para a filosofía, algúns deles son: Kant, Platón ...

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Nicholas Caritat: é o protagonista da historia. Este é un célebre estudoso da Ilustración.
  • Justin: exalumno do profesor Caritat. Colabora co protagonista da historia na súa liberación da prisión, e ademais é o que lle encomenda a misión de atopar o mellor mundo.
  • Jhon Stuart Mill: gobernante do país de Militaria.
  • Goddington Thwaite: é o cura que lle axuda a fuxir de Militaria.
  • Bodkin: profesora feminista ata o extremo que sostén que aínda existe a sopresión o país sobre a base do xénero.