The Crown (serie de televisión)
The Crown é unha serie de televisión británica-estadounidense que trata sobre o reinado da raíña Isabel II do Reino Unido. A serie foi creada e escrita principalmente por Peter Morgan e producida por Left Bank Pictures e Sony Pictures Television para Netflix. Morgan desenvolveu a serie baseándose no seu filme The Queen (2006) e na súa obra de teatro The Audience (2013), que tamén se centran na vida de Isabel II.
A serie consta de seis tempadas, que abranguen case seis décadas, comezando pouco antes da voda da princesa Isabel e Philip Mountbatten en 1947, e rematando coa voda do príncipe Carlos e Camilla Parker Bowles de 2005. O elenco principal da serie cambiou cada dúas tempadas; Isabel, por exemplo, foi interpretada por Claire Foy na primeira e segunda tempada, Olivia Colman na terceira e cuarta e Imelda Staunton na quinta e sexta.
Episodios
[editar | editar a fonte]| Tempada | Episodios | Emisión orixinal | |
|---|---|---|---|
| 1 | 10 | 4 de novembro de 2016 | |
| 2 | 10 | 8 de decembro de 2017 | |
| 3 | 10 | 17 de novembro de 2019 | |
| 4 | 10 | 15 de novembro de 2020 | |
| 5 | 10 | 9 de novembro de 2022 | |
| 6 | 10 | 16 de novembro de 2023 | |