The Cell (filme)
| The Cell | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
The Cell é un filme xermano-estadounidense[1] de 2000 dirixido por Tarsem Singh no seu debut como director, escrito por Mark Protosevich, e protagonizado por Jennifer Lopez, Vince Vaughn e Vincent D'Onofrio. O filme segue a un equipo de científicos mentres empregan tecnoloxía experimental para axudar a un traballador social a entrar na mente dun asasino en serie en coma para localizar onde agochou á súa última vítima de secuestro. Marianne Jean-Baptiste, Jake Weber, Dylan Baker, Tara Subkoff e Pruitt Taylor Vince conforman o resto do elenco.
Protosevich comezou a desenvolver o filme a mediados da década de 1990 e vendeu o guión a New Line Cinema en 1998, momento no que Singh se converteu en director. Unha coprodución entre os Estados Unidos e Alemaña, The Cell foi filmada en 1999 en California, con fotografía adicional realizada en Namibia e Barcelona.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jennifer Lopez como Dr. Catherine Deane
- Vince Vaughn como Axente Especial Peter Novak
- Vincent D'Onofrio como Carl Rudolph Stargher
- Jake Thomas como Carl Rudolph Stargher de mozo
- Marianne Jean-Baptiste como Dr. Miriam Kent
- Jake Weber como Axente Gordon Ramsey
- Dylan Baker como Henry West
- James Gammon como Teddy Lee
- Tara Subkoff como Julia Hickson
- Gerry Becker como Dr. Cooperman
- Dean Norris como Cole
- Musetta Vander como Ella Baines
- Patrick Bauchau como Lucien Baines
- Colton James como Edward Baines
- Catherine Sutherland as Anne Marie Vicksey
- Lauri Johnson as Mrs. Hickson
- Pruitt Taylor Vince como Dr. Reid
- Kim Chizevsky-Nicholls como vítima de Stargher
- Gareth Williams como pai de Stargher
- Peter Sarsgaard como John Tracy (sen acreditar)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Cell (2000)". AFI Catalog of Feature Films. American Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2025.