Saltar ao contido

The Boys (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Boys

Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
EpónimoThe Boys (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoserie de acción, serie de televisión de fantasía, serie de televisión policíaca, comedia dramática, ciencia ficción, serie de televisión de superheroes e raunchy comedy television program (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aEric Kripke Editar o valor en Wikidata
Compositor/aChristopher Lennertz Editar o valor en Wikidata
GuionistaEric Kripke Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enNova York Editar o valor en Wikidata
Baseado enThe Boys (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aEric Kripke Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoAnne Cofell Saunders (pt) Traducir, Evan Goldberg (pt) Traducir, Neal H. Moritz, Seth Rogen e Philip Sgriccia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraSony Pictures Television, Amazon MGM Studios, Point Grey Pictures (en) Traducir e Original Film Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aAmazon Prime Video Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalAmazon Prime Video Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo26 de xullo de 2019 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora Editar o valor en Wikidata
Episodios32 Editar o valor en Wikidata
Tempadas4 Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeToronto Editar o valor en Wikidata
Premios
Fontes e ligazóns
Páxina WEBprimevideo.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt1190634 Filmaffinity: 159696 Allocine: 22668 Rottentomatoes: tv/the_boys_2019 Metacritic: tv/the-boys TV.com: shows/the-boys-2019
Facebook: TheBoysTV Twitter: TheBoysTV Instagram: theboystv Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

The Boys é unha serie de televisión estadounidense de superheroes creada por Eric Kripke para Amazon Prime Video. Está baseada na banda deseñada do mesmo nome de Garth Ennis e Darick Robertson, e conta a historia dun equipo de humanos sen poderes chamados The Boys, que combaten aos superheroes que abusan dos seus poderes. A serie está protagonizada por Karl Urban, Jack Quaid, Antony Starr, Erin Moriarty, Dominique McElligott, Jessie T. Usher, Chace Crawford, Laz Alonso, Tomer Capone, Karen Fukuhara e Nathan Mitchell.

A serie estreouse o 26 de xullo de 2019.[1] Antes da estrea, Amazon renovou "The Boys" para unha segunda tempada, que se estreou o 4 de setembro de 2020.[2][3] Tamén se confirmou unha terceira tempada,[4] que se estreou o 23 de xuño de 2022. O 30 de xaneiro de 2023 estreouse a primeira tempada subtitulada ao galego.[5]

"The Boys" está ambientado nun universo onde os individuos con superpoderes son recoñecidos como heroes polo público en xeral e son propiedade da poderosa corporación Vought International, que os comercializa e monetiza. Fóra dos seus personaxes heroicos, a maioría son arrogantes e corruptos. A serie céntrase principalmente en dous grupos: "os Sete", o primeiro equipo de superheroes de Vought International, e os Boys do título, vixiantes que buscan manter aos heroes corrompidos baixo control.

The Boys están dirixidos por Billy Butcher, que despreza a todos os superheroes, e os Sete están dirixidos polo egoísta e inestable Homelander. A medida que se produce un conflito entre os dous grupos, a serie tamén segue aos novos membros de cada equipo: Hughie Campbell dos Boys, que se une aos vixiantes despois de que a súa moza sexa asasinada por un dos Sete; e Annie January (Starlight) dos Sete, unha heroína nova e esperanzada obrigada a enfrontarse á verdade sobre os heroes que admira.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Petski, Denise (17 de abril de 2019). "'The Boys' Trailer: First Look At Amazon's Superhero Drama Series". Deadline Hollywood. Consultado o 17 de abril de 2019. 
  2. Petski, Denise (19 de xullo de 2019). "'The Boys' Renewed For Season 2 By Amazon; Aya Cash Closes Deal As Stormfront". Deadline Hollywood. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  3. Gelman, Vlada (26 de xuño de 2020). "The Boys Gets Season 2 Premiere Date". TVLine. Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  4. White, Peter (23 de xullo de 2020). "'The Boys' Renewed At Amazon For Season 3, Streamer Sets Aisha Tyler-Hosted Aftershow – Comic-Con@Home". Deadline Hollywood. Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  5. @Fansubgalego (ed.). "The Boys subtitulada en galego". Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  6. Andreeva, Nellie (5 de abril de 2018). "'The Boys': Karl Urban To Play Lead Billy Butcher In Amazon's Superhero Series". Deadline Hollywood. Consultado o 5 de abril de 2018. 
  7. Andreeva, Nellie (6 de marzo de 2018). "'The Boys': Laz Alonso To Co-Star In Amazon Superhero Series". Deadline Hollywood. Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  8. Andreeva, Nellie (17 de xaneiro de 2018). "'The Boys': Antony Starr, Chace Crawford, Dominique McElligott & Jessie Usher Cast In Amazon's Superhero Drama Series". Deadline Hollywood. Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  9. Andreeva, Nellie; Petski, Denise (18 de decembro de 2017). "'The Boys': Erin Moriarty Cast In Amazon's Superhero Drama Series Based On Comic Book". Deadline Hollywood. Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  10. "Watch The Boys – Season 2". Prime Video. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  11. Romano, Nick (9 de outubro de 2020). "How The Boys season 2 crafted its gutsiest season yet". EW.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2020. 
  12. Andreeva, Nellie (16 de maio de 2018). "'The Boys': Elisabeth Shue To Co-Star In Amazon Superhero Series". Deadline Hollywood. Consultado o 16 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]