Saltar ao contido

The Book Thief (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Book Thief
 Título
    The Book Thief (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Caracterizado por
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Ambientado en
 Narrador/a
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
30 de xaneiro de 2014 (Hungría)
13 de marzo de 2014 (Alemaña)
3 de outubro de 2013 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Óscar á mellor banda sonora (16 de xaneiro de 2014) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Formato imaxe
   2.35:1 Editar o valor en Wikidata
 Duración
   131 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0003-AB50-0000-V-0000-0000-I Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0t_dhzm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
53/100 Metacritic (8 de outubro de 2025)
50% Rotten Tomatoes (8 de novembro de 2024)
5.7/10 Rotten Tomatoes (9 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
IMDB: tt0816442 Filmaffinity: 824161 Allocine: 204237 Rottentomatoes: m/the_book_thief Mojo: bookthief Allmovie: v584977 TCM: 2004721 Metacritic: movie/the-book-thief TV.com: movies/the-book-thief Netlix: 70286248 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

The Book Thief é un filme xermano-estadounidense de 2013 dirixido por Brian Percival e protagonizado por Geoffrey Rush, Emily Watson e Sophie Nélisse. O filme baséase na novela homónima de 2005 escrita por Markus Zusak, e foi adaptada por Michael Petroni. Conta a historia dunha nena que vive coa súa familia adoptiva durante a Alemaña nazi. Logo de aprender a ler grazas ó seu novo pai, a nena comeza a "tomar prestados" libros que comparte co refuxiado xudeu que se agocha na casa dos seus pais. A banda sonora foi composta por John Williams.

The Book Thief estreouse no Festival de Cinema de Mill Valley o 31 de outubro de 2013, e nos cinemas dos Estados Unidos o 8 de novembro de 2013. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, con eloxios á súa "fresca perspectiva da guerra" e o seu foco no "consistente fío de humanidade" durante a historia,[1] mais outros críticos salientaron a "narrativa ilusoria" do filme.[2] Cun orzamento de 19 millóns de dólares,[3] o filme foi un éxito de recadación, conseguindo máis de 76 millóns de dólares.[4]

The Book Thief recibiu nomeamentos ós Óscar, Globos de Ouro e BAFTA pola súa banda sonora. Pola súa interpretación no filme, Sophie Nélisse gañou o Premio Spotlight no Festival de Cinema de Hollywood, o Premio Newcomer Satellite e o Premio da Sociedade de Críticos de Cinema de Phoenix. O filme estreouse en Blu-ray e DVD o 11 de marzo de 2014.[5]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Geoffrey Rush como Hans Hubermann
  • Sophie Nélisse como Liesel Meminger
  • Emily Watson como Rosa Hubermann
  • Nico Liersch como Rudy Steiner
  • Ben Schnetzer como Max Vanderburg
  • Heike Makatsch como a nai de Liesel
  • Barbara Auer como Ilsa Hermann
  • Roger Allam como a morte
  • Sandra Nedeleff como Sarah
  • Hildegard Schroedter como Frau Becker
  • Rafael Gareisen como Walter Kugler
  • Gotthard Lange como o enterrador
  • Godehard Giese como policía no tren
  • Oliver Stokowski como Alex Steiner
  • Levin Liam como Franz Deutscher
  • Carina Wiese como Barbara Steiner
  • Julian Lehmann como Werner Meminger
  • Martin Ontrop como Herr Lehman
  1. Roche, Mairéad (28 de febreiro de 2014). "In Review: The Book Thief". New Empress Magazine. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2014.
  2. Abele, Robert (8 de novembro de 2013). "Review: 'The Book Thief' robs the truth from an evil time". Los Angeles Times. Consultado o 23 de febreiro de 2014.
  3. "The Book Thief". The Numbers. 5 de xaneiro de 2014. Consultado o 6 de xaneiro de 2014.
  4. "The Book Thief". Box Office Mojo. 6 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de febreiro de 2014.
  5. "The Book Thief (2013): Releases". AllMovie. Consultado o 27 de marzo de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]