The Binding of Isaac: Rebirth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Binding of Isaac: Rebirth
Desenvolvedor(es)Nicalis
Distribuidora(s)Nicalis
Deseñador(es)Edmund McMillen
Artista(s)Edmund McMillen
Compositor(es)Matthias Bossi
Jon Evans
Lanzamento4 de novembro de 2014
XéneroRoguelike
Modos de xogoUn xogador, multixogador cooperativo
Clasificación USK
Plataforma(s)Microsoft Windows, OS X, Linux, PlayStation 4, PlayStation Vita, Wii U, New Nintendo 3DS, Xbox One, iOS, Nintendo Switch
Na rede
http://bindingofisaac.com/
IMDB: tt4276210 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Binding of Isaac: Rebirth é un videoxogo independente do xénero roguelike deseñado por Edmund McMillen e desenvolvido e publicado por Nicalis. Rebirth é unha reedición do videoxogo The Binding of Isaac desenvolvido por McMillen e Florian Himsl e publicado no ano 2011 como unha aplicación para Adobe Flash. A plataforma Flash tiña unha serie de limitacións que fixeron que McMillen traballase con Nicalis para producir Rebirth usando un motor de xogo máis avanzado para superar estas limitacións, permitíndolle a McMillen incorporar contido e características de xogo adicionais. Rebirth publicouse para Microsoft Windows, OS X, Linux, PlayStation 4 e PlayStation Vita en novembro de 2014, e para Xbox One, New Nintendo 3DS e Wii U en xullo de 2015. Tralo rexeitamento inicial de Apple ó xogo por mor do seu contido, Nicalis conseguiu a aprobación de Apple para publicar unha versión para iOS, lanzada o 11 de xaneiro de 2017. A versión para Nintendo Switch publicouse o 17 de marzo de 2017.

Ó igual que o xogo orixinal, a historia de Rebirth baséase na historia bíblica do sacrificio de Isaac, e está inspirado na propia infancia de McMillen no seo dunha familia relixiosa. A mecánica de xogo está inspirada no videoxogo The Legend of Zelda de 1986 para a NES. O xogador controla a un neno chamado Isaac. A nai de Isaac, convencida de que está a seguir os mandatos de Deus, quítalle a Isaac toda a súa roupa e posesións e péchao na súa habitación. Cando a súa nai tenta sacrificalo, Isaac escapa ó soto. O xogador controla a Isaac mentres atravesa varios niveis en forma de alxubes xerados de forma aleatoria. O xogador elimina os inimigos que van aparecendo usando as bágoas de Isaac como proxectís, e recolle obxectos que melloran as características e habilidades de Isaac. O xogo tivo dúas expansións, Afterbirth e Afterbirth+, en outubro de 2015 e xaneiro de 2017 respectivamente, con cada unha delas introducindo máis contido e modos de xogo, e con Afterbirth+ engadindo a capacidade de utilizar mods creados polos usuarios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.