The Adventures of Rocky and Bullwinkle and Friends

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Adventures of Rocky and Bullwinkle and Friends
Desenvolvedor(es)Imagineering
Radical Entertainment (NES)
Distribuidora(s)THQ
Absolute Entertainment (Genesis)
Compositor(es)Paul Wilkinson (NES)
Mark Van Hecke (Game Boy/Genesis/SNES)
Lanzamento1992 (Game Boy e NES)
xuño de 1993 (SNES)
1 de maio de 1994 (Genesis)
XéneroPlataformas
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Game Boy, NES, Super NES, Mega Drive/Genesis
editar datos en Wikidata ]

The Adventures of Rocky and Bullwinkle and Friends é un videoxogo distribuído por THQ que é unha adaptación da serie de televisión As aventuras de Rocky e Bullwinkle. O xogo consiste en sete niveis que están ambientados en diferentes lugares: as montañas dos Alpes suízos, unha caverna, unha mina, un submarino, un barco enmeigado, unha vila portuaria e un castelo. Os mini xogos están dispoñibles en certos puntos que permiten ó xogador recoller vidas extras. Os mini xogos son "Peabody and Sherman" e "Dudley Do-Right".