Saltar ao contido

The 5.6.7.8's

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The 5.6.7.8's
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Discografía
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
1986 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1986 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF133022095 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123239434 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/046d4h Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm2563129 Facebook: 277355125413 Twitter: the_5678s Instagram: 786woohoo MySpace: ronnie5678s Last fm: The+5.6.7.8's Musicbrainz: c7caf86a-cf4d-41d3-b68a-eaeab80da4b8 Songkick: 207849 Discogs: 303075 Allmusic: mn0000919774 Deezer: 4427 Genius: The-5678s Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

The 5.6.7.8’s é un trío de mulleres xaponesas que tocan Garage rock, e a súa música ten reminiscencias da música surf americana. Todos os membro do grupo son de Tokyo, no Xapón. O grupo chámase así porque elas tocan música con reminiscencias do rock dos anos 50, 60, 70 e 80. Frecuentemente interpretan cancións do rock and roll americano.

The 5.6.7.8’s comezaron actuando como un cuarteto en Tokío e foron recrutando moitos intérpretes invitados durante a súa xira por Australia, onde incluso recrutaron a un membro home, "Eddie". Convertéronse oficialmente nun trío en 1992.

The 5.6.7.8’s fixeron unha breve aparición no filme de 2003 de Quentin Tarantino "Kill Bill Volume 1", onde se lles ve tocando descalzas nunha izakaya.

The 5.6.7.8’s foi formada en 1986 por Sachiko e Yoshiko “Ronnie” Fujiyama, dúas irmás de Tokyo que compartían a paixón polo rock and roll e outros dous membros. Orixinalmente, a banda consistía en Yoshiko como cantante e guitarra, "Rico" na segunda guitarra, "Yoshie" no baixo e Sachiko na batería. Despois de varios cambios na formación (incluíndo o baixista Yoshiko Yamaguchi, quen aparece no filme "Kill Bill"), a banda converteuse nun trío trala saída de Rico e Yoshie. Yoshiko e Sachiko son aínda os principais compoñentes da banda, e agora Akiko Omo reincorporase a banda como baixista (orixinalmente uniuse a The 5.6.7.8’s a principios de 1990).

Aínda que o grupo canta a maioría das súas canción en xaponés, fan moitas versións de cancións de rock and roll americano. Porén, a súa páxina oficial e a maioría das páxinas de fans son en xaponés, xa que teñen un gran número de seguidores no Xapón e teñen incontables concertos no seu país de orixe.

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Golden Hits Of The 5.6.7.8's1988-
Can't Help It!1991Rockville
The 5.6.7.8's1994Time Bomb
Bomb The Twist1996Time Bomb
Pin Heel Stomp1997Bounce
Teenage Mojo Workout2002Time Bomb
Bomb The Rocks: Early Days Singles2003Zakat, Sweet Nothing Records
Live at Third Man Records2011Third Man Records
Tanukigoten2014Time Bomb
Best Hits Of The 5.6.7.8's2019-

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]