The $5.98 E.P.: Garage Days Re-Revisited

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The $5.98 E.P.: Garage Days Re-Revisited
EP de Metallica
Data de edición: 21 de agosto de 1987
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: xullo de 1987
Estudio(s) de gravación: A&M Studios (Santa Monica); Conway Studios (Os Ánxeles)
Duración: 25:05
Xénero musical: thrash metal, speed metal
Selo discográfico: Elektra, Vertigo
Producido por: Metallica
Cronoloxía
Master of Puppets The $5.98 E.P.: Garage Days Re-Revisited ...And Justice for All

The $5.98 E.P.: Garage Days Re-Revisited é un EP da banda estadounidense de heavy metal Metallica, publicado o 21 de agosto de 1987 a través do selo Elektra Records.

Gravación e edicións[editar | editar a fonte]

The $5.98 E.P.: Garage Days Re-Revisited foi a primeira gravación do grupo en contar co seu novo baixista Jason Newsted (acreditado como "Master J. Newkid" no libreto)[1]. Tamén é a primeira edición da banda tras a morte do seu segundo baixista, Cliff Burton. O EP está formado totalmente por versións de grupos de hardcore punk e de New Wave of British Heavy Metal de finais dos 70 e principios dos 80, ensaiados no garaxe de Lars Ulrich e posteriormente gravados nun novo estudio que o grupo construíu. O grupo incluíu o prezo en dólares no seu título (impreso na portada) coa intención de que os seareiros non gastasen demasiado por el, aínda que algúns vendedores finalmente cobraron máis dos 5,98 dólares do título. A edición orixinal en casete incluía un adhesivo que poñía "If they try to charge more, STEAL IT!" (Se tratan de cobrar máis, ROUBAO!). Na edición oficial en CD dos Estados Unidos modificouse o título (e o prezo) para The $9.98 CD..., debido a que o prezo de venda dos CDs era moito máis alto que o dos casetes, mentres que noutros países (como en Australia) aínda aparece The $5.98 E.P. cun adhesivo indicando que ese era o título, non o prezo.

Aínda que The $5.98 E.P.: Garage Days Re-Revisited estivo descatalogado durante varios anos e é considerado un obxecto de coleccionista, os seus conco temas foron posteriormente incluídos no dobre álbum de 1998 Garage Inc., xunto con outras versións que Metallica gravou ao longo da súa carreira, ademais dunha colección de gravacións totalmente novas. A portada do CD tamén foi usada como base da contraportada do Garage Inc., que amosaba a portada do EP con caras dos membros da banda ao redor de 1998 tapando as orixinais.

A canción "The Wait" foi omitida nas versións británicas debido ás regras da industria musical deste país con respecto á duración dos EPs.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º TítuloEscritor(es)Artista orixinal Duración
1. "Helpless"  Sean Harris, Brian TatlerDiamond Head 6:39
2. "The Small Hours"  John MortimerHolocaust 6:43
3. "The Wait"  Jaz Coleman, Geordie Walker, Martin Glover, Paul FergusonKilling Joke 4:55
4. "Crash Course in Brain Surgery"  Burke Shelley, Tony Bourge, Ray PhillipsBudgie 3:10
5. "Last Caress"/"Green Hell"  Glenn DanzigMisfits 3:30

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Libreto de The $5.98 E.P.: Garage Days Re-Revisited.