Saltar ao contido

Thalasseus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Thalasseus
Thalasseus
Friedrich Boie 1822 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaLaridae
XéneroThalasseus Editar o valor en Wikidata
F. Boie, 1822 Thalasseus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0h3ntb Editar o valor en Wikidata
ITIS176928 Editar o valor en Wikidata
OTT1073500 Editar o valor en Wikidata
CoL7V3K Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Thalasseus é un xénero de aves que contén oito especies de carráns con crista da familia Laridae.

Está distribuído por todo o mundo, e moitas das súas especies son abundantes e ben coñecidas nas súas áreas de distribución. Este xénero foi creado orixinalmente por Friedrich Boie en 1822, pero despois foi abandonado (as especies estaban situadas no xénero Sterna) ata que un estudo xenético de 2005 confirmou a necesidade de separar este xéneo de carráns con crista dos outros carráns e recuperouse o xénero Thalasseus.[1]

Estes grandes carráns reprodúcense en colonias moi densas nas costas e illas, e excepcionalmente terra dentro en lagos de auga doce axeitados preto da costa. O seu niño é unha escavación no chan. Os carráns Thalasseus aliméntanse mergullándose directamente para capturar peixes. O macho ofrece peixes á femia como parte do cortexo. Teñen bicos agudos longos e delgados, xeralmente de cor de tons amarelos ou alaranxados agás no caso do T. sandvicensis e o T. acuflavidus, que teñen bicos negros con punta amarela na maioría das subespecies. Todas as especies teñen unha crista espeluxada. En inverno, as súas frontes vólvense de cor branca.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero Thalasseus foi creado polo zoólogo alemán Friedrich Boie en 1822.[2] Designouse posteriormente como especie tipo o carrán cristado (Thalasseus sandvicensis, antes Sterna cantiaca).[3] O nome xenérico significa en grego antigo 'pescador' e deriva de thalassa, 'mar'.[4]

Lista de especies

[editar | editar a fonte]

O xénero contén oito especies:[5]

ImaxeNomeNome comúnDistribución
Thalasseus maximusCarrán real americanoCostas de América, desde Virxinia, Estados Unidos a Chubut, Arxentina polo leste, e desde California ata o sur do Perú polo oeste.
Thalasseus bergiiDesde o sur de África arredor do océano Índico ata o Pacífico central e Australia.
Thalasseus bengalensisCarrán bengalésMediterráneo sur e mar Vermello a través do océano Índico ata o Pacífico oeste e Australia, tamén como invernante nas costas de África occidental cara ao sur ata Senegal.
Thalasseus albididorsalisCarrán real africanoCostas de Mauritania a Guinea, e de invernada polo norte ata Marrocos e polo sur ata Angola.
Thalasseus bernsteiniProvincia de Fujian, China, e de invernada cara ao sur ata Filipinas.
Thalasseus sandvicensisCarrán cristadoDo norte de Europa ata o Mediterráneo, mar Negro e mar Caspio, e de invernada polo sur ata o sur de África e Sri Lanka.
Thalasseus acuflavidusCosta leste de América desde Nova Jersey e cara ao sur ata Chubut, Arxentina, pasando tamén o inverno na costa do Pacífico.
Thalasseus elegansCarrán eleganteSur de California, Estados Unidos e oeste de México e de invernada polo sur ata o Perú, Ecuador e Chile.

Un fragmento de óso fósil do Plioceno temperán atopado no noroeste dos Estados Unidos lembra moi estreitamente un moderno carrán real americano. Pode ser un espécime inesperadamente temperán (de hai 3,74,8 millóns de anos) desa especie, ou un membro ancestral do grupo dos carráns con crista.[6]

  1. Bridge, Eli S.; Jones, Andrew W.; Baker, Allan J. (2005). "A phylogenetic framework for the terns (Sternini) inferred from mtDNA sequences: implications for taxonomy and plumage evolution" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 35 (2): 459469. Bibcode:2005MolPE..35..459B. PMID 15804415. doi:10.1016/j.ympev.2004.12.010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2024.
  2. Boie, Friedrich (1822). "Generalübersicht". Isis von Oken (en alemán) 1822. Col 563.
  3. Peters, James Lee, ed. (1934). Check-list of Birds of the World 2. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 341.
  4. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 383. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  5. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2019). "Noddies, gulls, terns, auks". World Bird List Version 9.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 19 de xullo de 2019.
  6. Olson, S., Rasmussen, P.C. "Miocene and Pliocene birds from the Lee Creek Mine, North Carolina" in Ray, C. E. & Bohaska, D.J. (2001). "Geology and Paleontology of the Lee Creek Mine, North Carolina, III." Smithsonian Contributions to Paleobiology 90: 233-365.