Thérèse Raquin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Thérèse Raquin
Raquin.jpg
Cartel que publicita o lanzamento de Thérèse Raquin por fascículos de periodicidade semanal ao longo de 1867.
Título orixinalThérèse Raquin
Autor/aÉmile Zola
OrixeFrancia
LinguaFrancés
Xénero(s)Novela
EditorialFrancia L'Artiste
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Francia 1867
Galicia 2017
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas272
ISBNISBN 978-84-945403-0-1
TraduciónIsabel Soto

Thérèse Raquin[1] é a terceira novela do escritor francés Émile Zola e publicouse en 1867.[2] A obra, dividida en tres partes, presenta os trazos que fixaran os alicerces do naturalismo desenvolvido anos máis tarde na literatura co ciclo de Rougon-Macquart. Así mesmo, permitirá que o público parisiense coñeza o autor galo. Será el mesmo quen se faga cargo da posta en escena, en 1873, dunha peza de teatro inspirada na súa novela e intitulada Thérèse Raquin : drame en 4 actes.

Foi traducido ó galego por Isabel Soto[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2017.[1]

Trama[editar | editar a fonte]

Unha moza chamada Thérèse casa co seu curmán Camille, co cal vive, cas da tía, condenada a unha existencia monótona. Pouco teempo despois da voda, o rapaz leva con el para a casa a un amigo, Laurent, polo cal Teresa se sente atraída; comenzan pois unha relación, que acabará cun crime, e en consecuencia con remorsos.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

A obra literaria foi levada ao cinema e á televisión en varias ocasións. Dúas das adaptacións máis notables son a película francesa Thérèse Raquin de 1953, do director Marcel Carné, protagonizada por Simone Signoret e Raf Vallone; así como o filme estadounidense In Secret de 2013, coas interpretaciones de Elizabeth Olsen como Thérèse e Jessica Lange como Madame Raquin. Oscar Isaac e Tom Felton interpretan a Laurent e a Camille respectivamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Thérèse Raquin. Traducido por Isabel Soto (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2017. ISBN 978-84-945403-0-1 – vía BiTraGa. 
  2. Ficha da obra en Lecture-Écriture.com (en francés)
  3. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 46. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]