Théodore de Banville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Théodore de Banville
Félix Nadar 1820-1910 Portrait de Théodore de Banville.jpg
Nacemento14 de marzo de 1823
 Moulins
Falecemento13 de marzo de 1891
 París
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Alma máterLycée Condorcet
Ocupaciónpoeta, dramaturgo, xornalista, crítico literario e escritor
Signature Théodore de Banville.jpg
editar datos en Wikidata ]
Théodore de Banville

Théodore Faullain de Banville, nado en Moulins en 1823 e finado en París en 1891, foi un escritor francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun mariño militar, estudou en París. En 1842 publicou o seu primeiro volume de poesía, Les Cariatides e en 1846 publicou Les Stalactites. Os libros recibiron críticas negativas pero recibiron a aprobación de Alfred de Vigny e Jules Janin. En 1857 publicou Odes Funambulesques (1857). Escribiu tamén comedias en verso para o Théâtre Francais.

Banville foi un dos fundadores do movemento poético coñecido como o parnasianismo, que profesa un amor exclusivo á beleza e oponse á nova poesía realista ou ao romanticismo.