Teófilo González Calatrava
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1897 Madrid, España |
Morte | marzo de 1980 (82/83 anos) Villar del Pedroso, España (pt) |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor, funcionario, xornalista |
Teófilo González Calatrava, coñecido tamén como Teófilo G. Calatrava ou Teófilo Calatrava, nado en Madrid o 5 de marzo de 1897[1] e finado en Villar del Pedroso (Cáceres) a finais de marzo de 1980, foi un mestre, xornalista, escritor e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou maxisterio na Escola Normal de Toledo, aprobando a reválida elemental en 1913.[2] Foi presidente da Sección de propaganda do Ateneo Escolar de Toledo,[3] e en 1914 obtivo o título de mestre superior.[4] Foi xefe da estación de Miño ata 1925.[5] Mestre do Pósito de Miño dende 1925,[6] pasou en 1927 á escola de Rioxoán (Valonga, Pol) para volver en 1929 ao Pósito de Miño.[7] Pronunciou varias conferencias sobre os pósitos. Foi nomeado inspector dos pósitos marítimos do Instituto Social da Mariña en 1931.[8] Foi candidato independente nas eleccións a Cortes de 1931 pola provincia da Coruña,[9] pero non foi elixido. Foi un dos impulsores do Partido Republicano Radical en Miño. En xullo de 1934 foi nomeado inspector central do Instituto Social da Mariña,[10] e en agosto dese ano mestre da Escola de Orientación Marítima de Xixón,[11] aínda que o seu nomeamento foi anulado por estar sometido a expediente administrativo.[12] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, como funcionario do Ministerio de Traballo, foi nomeado xefe de Información e Publicacións do Instituto Social da Mariña. Formou parte da Asociación de Ganaderos de La Coruña. Instalado en Madrid, foi vicepresidente de Anaquiños da Terra e presidente da Comisión Pro Teatro Gallego.
Foi autor de varios libros, dirixiu a revista Hacer, órgano de reforma e programa dos pósitos,[13] e colaborou asiduamente na prensa, principalmente en El Ideal Gallego, pero tamén en El Eco Toledano, El Magisterio Español, El Noroeste, España Marítima y Pesquera, La Voz de Galicia, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, La Noche, El Correo Gallego e ABC, onde dirixíu a sección "Páginas del mar".
Finou en Villar del Pedroso (Cáceres) a finais de marzo de 1980.[14]
Obras
[editar | editar a fonte]- Patria y juventud, 1930.[15]
- Ante las Cortes Constituyentes, 1931.
- La evolución de España, 1931.
- Habla el mar, 1948.
- Lucha en paz, 1960.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Miño con Rosalía Fernández Pardo, e foi pai de Benito e Teófilo Calatrava Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 82.
- ↑ La Bandera Profesional, 1-7-1913, p. 2.
- ↑ Patria Chica, 23-1-1914, p. 10.
- ↑ La Bandera Profesional, 1-7-1914, p. 5.
- ↑ El Ideal Gallego, 15-1-1925, p. 3.
- ↑ El Ideal Gallego, 3-1-1925, p. 3.
- ↑ El Ideal Gallego, 8-2-1929, p. 2.
- ↑ La Voz de la Verdad, 7-4-1931, p. 5.
- ↑ El Ideal Gallego, 27-6-1931, p. 1.
- ↑ El Ideal Gallego, 25-7-1934, p, 4.
- ↑ El Noticiero Gallego, 4-8-1934, p. 3.
- ↑ Gaceta de Madrid, 2-10-1934, p. 53.
- ↑ El Pueblo Gallego. 8-8-1933, p. 8.
- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 31-3-1980, p. 4.
- ↑ El Compostelano, 15-11-1930, p. 1.