Teun A. van Dijk
Teun Adrianus van Dijk | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 7 de maio de 1943 |
Lugar de nacemento | Naaldwijk |
Nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Ocupación | lingüista, catedrático, sociólogo e investigador |
Premios | Busken Huet award (1971) |
Na rede | |
discursos.org | |
![]() | |
discursos.org | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Teun Adrianus van Dijk, nado en Naaldwijk o 7 de maio de 1943, é un teórico literario neerlandés, pioneiro nos campos da lingüística de textos, da análise do discurso e da análise da crítica do discurso.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xunto con Walter Kintsch contribuíu ao desenvolvemento da psicoloxía no procesamento de textos. Dende a década de 1980 o seu traballo na CDA centrouse especialmente no estudo da reprodución discursiva do racismo polas "elites simbólicas" (políticos, xornalistas, eruditos, escritores), o estudo das noticias da prensa e sobre as teorías da ideoloxía e do contexto.
Fundou varios xornais internacionais: Poetics, Text (chamado na actualidade Text & Talk), Discourse & Society, Discourse Studies, Discourse & Communication e o xornal on-line Discurso & Sociedad (http://www.dissoc.org), dos cales edita os últimos catro.
Teun A. van Dijk era catedrático de estudos do discurso na Universidade de Amsterdam dende 1968 ata 2004; dende 1999 ensina na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. É, tamén, un conferencista que ten viaxado a moitos lugares para expoñer as súas teorías, especialmente en Latinoamérica.
Obra[editar | editar a fonte]
- Some aspects of text grammars. A Study in theoretical poetics and linguistics. The Hague: Mouton, 1972.
- Text and context. Explorations in the semantics and pragmatics of discourse. Londres: Longman, 1977.
- Macrostructures. An interdisciplinary study of global structures in discourse, interaction, and cognition. Hillsdale, NJ: Erlbaum.
- Studies in the pragmatics of discourse. The Hague/Berlin: Mouton, 1981.
- Prejudice in discourse. Amsterdam: Benjamins, 1984.
- Communicating Racism. Ethnic Prejudice in Thought and Talk. Newbury Park, CA: Sage, 1987.
- News as Discourse. Hillsdale, NJ: Erlbaum, 1988.
- News Analysis. Case studies of international and national news in the press. Hillsdale, NJ: Erlbaum, 1988.
- Racism and the Press. Londres: Routledge, 1991.
- Elite discourse and racism. Newbury Park, CA: SAGE, 1993.
- Ideology. Londres: Sage, 1998.
- Discourse and racism in Spain and Latin America. Amsterdam: Benjamins, 2005.
- Context. A multidisciplinary theory. En preparación.
- Strategies of Discourse Comprehension. Nova York: Academic Press, 1983; canda a Walter Kintsch.
- Discourse and Discrimination. Detroit, MI: Wayne State University Press, 1988; canda a Geneva Smitherman-Donaldson.
- Racism at the Top. Parliamentary Discourses on Ethnic Issues in Six European Countries. Klagenfurt: Drava Verlag, 2000; canda a Ruth Wodak.
- Communicating Ideologies. Multidisciplinary Perspectives on Language, Discourse and Social Practice. Frankfurt/Main: Peter Lang, 2004; canda a Martin Pütz e Joanne Neff-van Aertselaer.
Libros editados[editar | editar a fonte]
- Pragmatics of language and literature. Amsterdam: North Holland, 1976.
- Handbook of Discourse Analysis. 4 vols. Londres: Academic Press, 1985.
- Discourse and communication. Berlín/Nova York: de Gruyter, 1985.
- Discourse Studies. A multidisciplinary introduction. 2 vols. Londres: Sage, 1997.