Saltar ao contido

Tetraspanina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Familia da tetraspanina
Identificadores
SímboloTetraspanina
PfamPF00335
Pfam clanCL0347
InterProIPR000301
PROSITEPDOC00371
SCOPe1iv5 / SUPFAM
TCDB8.A.40
OPM superfamily327
OPM protein5tcx
CDDcd03127
Modelo hipotético da función das tetraspaninas.

As tetraspaninas son unha familia de proteínas de membrana atopadas en todos os eucariotas multicelulares, tamén chamadas proteínas da superfamilia transmembrana 4 (TM4SF). Estas proteínas teñen catro hélices alfa transmembrana e dous dominios extracelulares, un curto (chamado en inglés small extracellular domain or loop, SED/SEL ou EC1, é dicir dominio ou bucle extracelular pequeno) e outro máis longo, normalmente de 100 residuos de aminoácidos (o large extracellular domain/loop, LED/LEL ou EC2, é dicir, dominio ou bucle extracelular grande). Aínda que varias familias de proteínas teñen 4 hélices alfa transmembrana, as tetraspaninas son definidas por ter secuencias de aminoácidos conservadas incluíndo catro ou máis residuos de cisteína no dominio EC2, con dous deles nun motivo 'CCG' altamente conservado. As tetraspaninas considérase xeralmente que actúan como proteínas andamio ou estada, ancorando moitas proteínas a unha área da membrana celular.[1]

As tetraspaninas están moi conservadas entre especies. Algunhas tetraspaninas poden ter glicosilación ligada ao N no seu longo bucle extracelular (LEL, EC2) e palmitoilacións no motivo CXXC da súa rexión transmembrana.[2]

En mamíferos hai 34 tetraspaninas, 33 das cales foron identificadas tamén en humanos. As tetraspaninas mostran numerosas propiedades que indican a súa importancia fisiolóxica na adhesión celular, motilidade, activación, e proliferación celular, e a súa contribución a condicións patolóxicas como a metástase ou infección viral.

Un papel das tetraspaninas nas plaquetas foi demostrado polos fenotipos hemorráxicos de ratos deficientes en CD151 e TSSC6, que mostraban unha alteración da sinalización de fóra a dentro ("outside-in") a través da αIIbβ3, a principal integrina das plaquetas. Hipotetízase que as tetraspaninas interaccionan con outros receptores das plaquetas e regúlanos.[3]

Lista das tetraspaninas humanas

[editar | editar a fonte]
Proteína Xene Alias
TSPAN1 TSPAN1 TSP-1
TSPAN2 TSPAN2 TSP-2
TSPAN3 TSPAN3 TSP-3
TSPAN4 TSPAN4 TSP-4, NAG-2
TSPAN5 TSPAN5 TSP-5
TSPAN6 TSPAN6 TSP-6
TSPAN7 TSPAN7 CD231/TALLA-1/A15
TSPAN8 TSPAN8 CO-029
TSPAN9 TSPAN9 NET-5
TSPAN10 TSPAN10 OCULOSPANINA
TSPAN11 TSPAN11 similar a CD151
TSPAN12 TSPAN12 NET-2
TSPAN13 TSPAN13 NET-6
TSPAN14 TSPAN14
TSPAN15 TSPAN15 NET-7
TSPAN16 TSPAN16 TM4-B
TSPAN17 TSPAN17
TSPAN18 TSPAN18
TSPAN19 TSPAN19
TSPAN20 UPK1B UP1b, UPK1B
TSPAN21 TSPAN21 UP1a, UPK1A
TSPAN22 PRPH2 RDS, PRPH2
TSPAN23 TSPAN23 ROM1
TSPAN24 CD151 CD151
TSPAN25 CD53 CD53
TSPAN26 CD37 CD37
TSPAN27 CD82 CD82
TSPAN28 CD81 CD81
TSPAN29 CD9 CD9
TSPAN30 CD63 CD63
TSPAN31 TSPAN31 SAS
TSPAN32 TSPAN32 TSSC6
TSPAN33 TSPAN33

Importancia para as vacinas contra parasitos

[editar | editar a fonte]

Os vermes esquistosoma forman dúas tetraspaninas: TSP-1 e TSP-2. Anticorpos contra TSP-2 poden encontrarse nalgunhas persoas que parecen ter inmunidade contra a infestación por esquistosomas (esquistosomíase).[4]

  1. Hemler ME (2005). "Tetraspanin functions and associated microdomains". Nat. Rev. Mol. Cell Biol. 6 (10): 801–11. PMID 16314869. doi:10.1038/nrm1736. 
  2. Wright MD, Tomlinson MG (1994). "The ins and outs of the transmembrane 4 superfamily". Immunol. Today 15 (12): 588–94. PMID 7531445. doi:10.1016/0167-5699(94)90222-4. 
  3. Goschnick MW, Lau LM, Wee JL, Liu YS, Hogarth PM, Robb LM, Hickey MJ, Wright MD, Jackson DE (2006). "Impaired "outside-in" integrin alphaIIbbeta3 signaling and thrombus stability in TSSC6-deficient mice". Blood 108 (6): 1911–8. PMID 16720835. doi:10.1182/blood-2006-02-004267. 
  4. Scientific American maio de 2008, referido a McManus & Loukas Clinical Microbiology reviews V21,N1,p225-242 (xaneiro de 2008)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]