Saltar ao contido

Tesouro de Buscás

Tesouro de Buscás
 Instancia de
 Composto por
16x moeda Editar o valor en Wikidata
Características
 Colección
Datas
 Fundación / creación
século XIII Editar o valor en Wikidata
 Descuberta / invención
década de 1960 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de descuberta
 País
 Coordenadas
Wikidata

O tesouro de Buscás é un conxunto de 16 moedas medievais castelán-leonesas de billón achado na parroquia de Buscás, Ordes, na década de 1960.

Sábense poucos datos precisos acerca da aparición do Tesouro de Buscás. Descoñécese detalles tan salientables como a súa localización exacta —dentro da parroquia de San Paio de Buscás, Ordes—[1] e a identidade dos seus descubridores. A datación non pode concretarse máis que na década de 1960 e tampouco é posible precisar a súa composición orixinal, xa que hai varios inidicios de que estaba composto por máis moedas das que hoxe se coñecen.[2]

Os escasos datos coñecidos son os achegados polo historiador galego Manuel Vázquez Seijas cando fixo doazón do tesouro ao Museo Provincial de Lugo, que daquela dirixía,[2] o 2 de xuño de 1967. O conxunto foi rexistrado co número 6.112/29.[1][3]

En 1999, o tesouro foi exposto no Pazo de Xelmírez de Santiago de Compostela. No catálogo da exposición figura un estudo do tesouro por parte de J. Suárez Otero.[2][4]

Composición

[editar | editar a fonte]

O tesouro conservado componse de 16 pezas en bo estado de conservación, das cales 13 son diñeiros leoneses e outras tres son divisores denominados meallas ou óbolos, todas elas da época de Afonso VIII de León e Galicia (1188-1230) e Fernando III de Castela (1230-1252), da tipoloxía da cruz nunha das súas faces e un león cara á dereita na outra.[2]

Canto ás cecas de procedencia destas moedas, polo menos oito delas (cinco diñeiros e tres divisores) corresponden á Casa da Moeda de Santiago de Compostela, en tanto que as restantes teñen marcas de ceca de Estremadura, Ciudad Rodrigo e León, así como unha de procedencia incerta.[1][2][5]

  1. 1 2 3 "Tesouriño de Buscás (Ordes, A Coruña)". En Balseiro García, A. (ed.) (2001). Páxina 55.
  2. 1 2 3 4 5 Ferreiro Boquete, J. J. "O Tesouriño de Buscás". Historia de Ordes (e comarca) (Ordestories.blogspot.com).
  3. ↑ "C.2. Buscás (Ordes, A Coruña)". En Balseiro García, A. et al. (2021). Páxina 774.
  4. ↑ Suárez Otero, J. (1999).
  5. ↑ Núñez Meneses, P. (2016). Páxina 1.381.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]