Terry Pratchett's Going Postal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Terry Pratchett's Going Postal é unha adaptación televisiva de dúas partes do libro Going Postal do escritor inglés Terry Pratchett. Foi adaptado por Richard Kurti e Bev Doyle e producido por The Mob. Emitiuse por primeira vez na canle Sky1 en maio de 2010.

Características[editar | editar a fonte]

É a terceira película que se fai do Discworld, seguida por Terry Pratchett's Hogfather e Terry Pratchett's The Colour of Magic. Foi anunciada como parte dun investimento de polo menos 10 millóns de libras para a adaptación de libros, incluíndo Chris Ryan's Strike Back e Skellig e David Almond.[1] A rodaxe comezou en maio de 2009 en Budapest.[2]

Varios fans do Discworld foron invitados a aparecer como extras na rodaxe que se realizou en Budapest.[3]

Elenco[editar | editar a fonte]

Argumento[editar | editar a fonte]

Conta a historia de Moist von Lipwig, que durante anos estivo estafando á xente ata que o pillan, sendo sentenciado a morte, mais conmútanlle a pena se se fai o novo xefe de Correos da cidade, senón, morrerá. Moist intenta escapar, pero ten como vixilante seu a Mr. Pump, un golem que lle impedirá fuxir. Na oficina de Correos contará coa axuda do vello aprendiz de carteiro Tolliver Groat e o seu asistente, un coleccionista de alfinetes, Stanley Howler. Moist pronto se dará conta que Correos está marxinado por culpa das torres telegráficas coñecidas como "Clacks", as cales están controladas polo malvado Reacher Gilt.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Leigh Holmwood (3 de marzo de 2009). "Sky ploughs £10m into HD dramas" (en inglés). The Guardian. http://www.guardian.co.uk/media/2008/mar/19/bskyb.television. Consultado o 7 de outubro de 2010. 
  2. "Going Postal / Mob Films / Extras" (en inglés). PJSM Prints' Discworld News. 3 de marzo de 2009. http://www.pjsmprints.com/news/mar2009.html. Consultado o 7 de outubro de 2010. 
  3. "Going Postal / Mob Films / Extras" (en inglés). PJSM Prints' Discworld News. xullo 2009. http://www.pjsmprints.com/news/jul2009.html. Consultado o 7 de outubro de 2010.