Saltar ao contido

Termistor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Termistor
Representación esquemática
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Caracterizado por
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
Datas
 Descuberta / invención
1833 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/07mdl Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC66726788 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Termistor do tipo NTC.

Un termistor[1] é un semicondutor sensíbel á temperatura. Existen basicamente dous tipos de termistores:

  • NTC (do inglés Negative Temperature Coefficient) - termistores cuxo coeficiente de variación de resistencia coa temperatura é negativo: a resistencia diminúe co aumento da temperatura.
  • PTC (do inglés Positive Temperature Coefficient) - termistores cuxo coeficiente de variación de resistencia coa temperatura é positivo: a resistencia aumenta co aumento da temperatura.

Conforme a curva característica do termistor, o seu valor de resistencia pode diminuír ou aumentar en maior ou menor grao nunha determinada franxa de temperatura.

Así algúns poden servir de protección contra o sobrequecemento, limitando a corrente eléctrica cando determinada temperatura é superada. Outra aplicación corrente, neste caso a nivel industrial, é a medición de temperatura (en motores por exemplo), pois podemos co termistor obter unha variación dunha grandeza eléctrica en función da temperatura á que este se encontra.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para termistor.