Termas do Muíño da Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Termas do Muíño»)

Coordenadas: 42°21′06″N 7°54′45″O / 42.3515398, -7.9125543 As termas do Muíño da Veiga son unha área de augas termais situada no concello de Ourense, a carón do río Miño.

Características[editar | editar a fonte]

Recibe o seu nome por estar situadas ao pé dun antigo muíño de madeira. As augas destas termas aconséllanse para afeccións da pel e dermatite, xa que son de mineralización débil e alcalinas, e manan a unha temperatura de entre 65 e 72 °C. A área está formada por cinco piscinas: unha principal de 200 m², unha secundaria de 13 m² e outras dúas máis pequenas de 55 e 45 m², ademais dunha de auga fría para os baños de contraste. A temperatura da auga é de 40 °C.

A zona termal, de acceso peonil con aparcadoiro próximo, está comunicada co centro da cidade a través do tren das termas. Preto destas pozas atópanse as termas de Outariz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]