Vicente Otero Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Terito»)
Vicente Otero Pérez
AlcumeTerito
Nacemento1918
Lugar de nacementoCambados
Falecemento20 de xaneiro de 1995
Causacancro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónnarcotraficante
editar datos en Wikidata ]

Vicente Otero Pérez, coñecido como Terito, nado en Deiro (Vilanova de Arousa) en 1918 e finado o 20 de xaneiro de 1995, foi un empresario e contrabandista galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Eleuterio Otero (de onde procede o seu alcume, Terito), que atendía unha tenda de ultramarinos e panadería en Deiro. Dedicouse ao estraperlo durante a ditadura franquista grazas ás relacións con Nicolás Franco na etapa en que era embaixador de España en Lisboa, e amasou unha fortuna.[2] Posteriormente dedicouse ao contrabando ademais de ser dono de varios negocios: era propietario dunha empresa de transporte de líquidos, accionista dunha firma de augas minerais e socio, con José Ramón Barral, dun concesionario de automóbiles.

Foi directivo do Real Club Celta de Vigo, desde decembro de 1958 nunha comisión xestora presidida por Antonio Crusat Pardiñas, e entre xuño de 1959 e xuño de 1962 como vicetesoureiro na directiva presidida polo tamén contrabandista Celso Lorenzo Villa[3].

Foi un destacado militante de Alianza Popular, da que recibiu a insignia de ouro e diamantes. Semanas antes da redada da Operación Nécora acudiu como compromisario ao congreso provincial de AP na Toxa. Estaba incluído na relación de persoas a deter na redada do 12 de xuño de 1990, pero casualmente non o atoparon na casa. Despois de varias semanas en paradeiro descoñecido, entregouse ao xuíz e foi posto en liberdade sen cargos.[4] Cando volveu a Cambados recibiu unha homenaxe popular. Morreu con 76 anos de idade, a causa dun cancro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia. 21-1-1995. p. 21.
  2. "El honorable contrabandista". La Voz de Galicia. 31-1-1995. p. 31. 
  3. Gallego Arzuaga, F. (1997): R.C. Celta 1923-1998. 75 años de historia. Faro de Vigo. Páx. 356.
  4. Hermida, Xosé (28-8-1990). "El presunto 'narco' Vicente Otero, dispuesto a entregarse al juez Baltasar Garzón". El País (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]