Teresa de Vallejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teresa de Vallejo
Nacemento1955
 Burgos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Teresa de Vallejo Sancho de Sopranis, nada en Burgos o 10 de marzo de 1955, é unha política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Establecida en Santiago de Compostela, como política pertence ao Partido SAIn, unha formación vinculada ao Movimiento Cultural Cristiano, que combina medidas sociais de promoción da vivenda ou loita contra a fame con posicionamentos contra o aborto, a eutanasia ou o matrimonio homosexual. Dirixente do partido e representante legal en Galicia, concorreu nas súas candidaturas en múltiples ocasións: eleccións galegas de 2009 e de 2012, europeas de 2009 e de 2014, locais de 2015 en Santiago de Compostela e xerais de 2015, cando encabezou a candidatura da súa formación pola provincia da Coruña.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Viúva, ten catro fillos.