Teresa Rovira i Comas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeresa Rovira i Comas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Teresa Rovira i Comas Editar o valor em Wikidata
13 de decembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 2014 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Bibliotecàries (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbibliotecaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAntoni Rovira i Virgili Editar o valor em Wikidata
Premios


Teresa Rovira i Comas, nada en Barcelona o 13 de decembro de 1918 e finada o 23 de setembro de 2014[1] foi unha bibliotecària catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi filla de Antoni Rovira i Virgili.[2][3]. Estudou na Mútua Escolar Blanquerna, dirixida por Alexandre Galí i Coll. Xa de pequena era unha gran lectora[4] e entre as súas primeiras lecturas estiveron Lola Anglada Josep Carner e Dolors Monserda. En xuño de 1936 ingreesou na Escola de Bibliotecàries, mais houbuo de interromper os estudos por mor da guerra civil española. En 1939 exiliouse en Francia coa súa familia,[2][5] mentres a biblioteca da súa casa, con todos os libros do seu pai, foi confiscada e non se recuperou até setenta anos despois co retorno dunha parte dos papeis de Salamanca.[6]

En 1944 licenciouse en Letras (Historia e Xeografía) pola Universidade de Montpeller.[5] Nesa cidade coñeceu a Felip Calvet, amigo e colaborador do presidente Josep Irla. Con el casou en 1946 en Andorra, o único lugar onde por entón se podía celebrar a cerimonia de matrimonio en lingua catalá.[7] A parella instalouse en Perpiñán, onde as actividades comerciais de Calvet se centraron nunha pequena fábrica de tapóns para champaña e viño, sen deixar de colaborar nos asuntos empresariais e políticos con Josep Irla.[7] No curso 1951-1952 foi lectora de castelán no Instituto Feminino de Perpinyà.[5] Con todo, as visitas a Barcelona fixéronse cada vez máis frecuentes até o punto de acabar os seus estudos de bibliotecaria no curso 1949-1950 e obtenr en 1953 un posto na Biblioteca Popular de Esparreguera, onde se estableceu co seu fillo.[5] Felip Calvet quedou na Xampanya sen pasaporte, e visitábaos mensualmente.[5]

O matrimonio regresou finalment do exilio en 1958,[7] cando Rovira pasou á Biblioteca de Catalunya (chamada por entón Biblioteca Central)[5] e alí coñezou a traballar co fondo de libros infantís que Jordi Rubió —director do centro até xaneiro de 1939— recollera para o centro e que se gardaba no fondo histórico da Biblioteca Infantil de la Santa Creu.[8] A partir de entón comezou a establecer a bibliografía do libro infantil en catalán e a investigar sobre a literatura infantil e xuvenil catalá.[8]

Coa bibliotecaria Carme Ribé propuxo a creación dunha biblioteca piloto a carón da Escola de Bibliotecàries, idea que acabou por materializarse co nacemento das bibliotecas de Sant Pau i de la Santa Creu.[9] En 1973 licenciouse en Letras pola Universidade de Barcelona.[5] Entre 1971 e 1981 dirixiu a Biblioteca Popular de Santa Pau, e entre 1981 e 1983 coordinou a rede de bibliotecas populares da Deputación de Barcelona.[5]

En 1986 Max Cahner retomou a publicación da Revista de Catalunya para dar continuidade á publicación fundada por Antoni Rovira i Virgili en 1948. Teresa Rovira formou parte da Fundació Revista de Catalunya achegando coñecemento, experiencia e a continuidade.[6] Morreu, xa xubilada, en 2014.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Dous libros seus convertéronse en referencias no campo bibliotecari:

  • Bibliografía histórica del libro infantil en catalán (Madrid: ANABA, 1972; canda a Carme Ribé)
  • Organització d'una biblioteca: escolar, popular o infantil (Barcelona: Ed. 62, 1981; canda a Concepció Carreras e Concepció Martínez.[2]
  • Bibliografia d'Antoni Rovira i Virgili (1905-1939) (inédita; canda a Feli Calvet).[5]

Tamén escribiu artigos sobre literatura infantil para a Gran Enciclopèdia Catalana,[5] a Història de la literatura catalana (Orbis i Ed. 64, 1984)[5] e o Diccionari de Literatura Catalana (1970, 1979),[8] así como o volume adicado á «Literatura infantil i juvenil» (Barcelona: Ariel, 1988) da Història de la literatura catalana de Riquer-Comas-Molas (volum 11), estudos que xa sistematizara na súa tesiña non publicada, Noucentisme i literatura infantil (1973).[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mor Teresa Rovira", artigo na web da Biblioteca da Diputació de Barcelona, 23 de setembro de 2014 (en catalán).
  2. 2,0 2,1 2,2 Teresa Rovira i Comas, ficha en L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
  3. MARTÍN, Laia: "El subtil teixit de la polidesa", entrevista a Teresa Rovira en Escola Catalana, núm. 409, abril de 2004 páx. 32-40. Barcelona, Òmnium Cultural (en catalán)
  4. Subirana, Jaume (2014): Biblioteques particulars de Barcelona. Ajuntament de Barcelona. ISBN 978-84-9850-595-5
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 Rovira i Virgili, Antoni (2002): Cartes de l'exili: 1939-1949. Barcelona, Publicacions Abadia de Montserrat
  6. 6,0 6,1 6,2 Vallvé, Joan: "Teresa Rovira i Comes"], artigo en Revista de Catalunya nº 288, decembro de 2014. Páx 3-4.
  7. 7,0 7,1 7,2 Fons Felip Calvet i Costa Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., no Arquivo municipal do Ajuntament de Sant Feliu de Guíxols (en catalán).
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Palabras de Teresa Rovira na entrega do Premi Aurora Díaz-Plaja, Associació d'Escriptors en Llengua Catalana (en catalán).
  9. Argente, Montse; Lora, Neus e Perpiñán, Marta: "De com i per què biblioteca s'escriu en femení. Primera part", artigo en Ítem. Revista de Biblioteconomia i Documentació nº 29, 2003.