Teresa Luzzatti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Teresa Luzzati Quiñones»)
Infotaula de personaTeresa Luzzatti

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1889 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 1942 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJovino López Rúa Editar o valor em Wikidata
PaiGustavo Luzzatti dal Pozzo Editar o valor em Wikidata


Teresa Luzzatti Quiñones de López de Rúa, nada en Lugo o 5 de outubro de 1889 e finada en Madrid o 14 de novembro de 1942[1], foi unha política galega. Dirixente católica, formou parte da Asemblea Nacional Consultiva da ditadura de Primo de Rivera[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en España e no estranxeiro. Xa viúva e nai de cinco fillos, deuse a coñecer como dirixente da Acción Católica da Muller, así como secretaria do seu Centro de Estudos[3]. Dirixiu a Sección Municipalista da ACM, encargada de organizar o censo municipal de cara ao sufraxio aprobado polo Estatuto Municipal de 1924. Impulsou e dirixiu a Universidade Profesional Feminina de Madrid[4][5], tamén chamada Universidade Popular da Muller, que fundara a imaxe das escolas profesionais para a muller que funcionaban en Barcelona e no estranxeiro, principalmente en Francia, Bélxica ou o Canadá[6]. Esta institución dependía da ACM desde a súa aprobación na terceira asemblea da Acción Católica en 1926.

Tamén en 1926 pasou a formar parte da Asemblea Nacional Consultiva creada por Miguel Primo de Rivera, unha cámara corporativa e non democrática. Ingresou xunto a María de Maeztu, Josefina Olóriz, María de Echarri, Blanca de los Ríos e Micaela Díaz Rabaneda entre outras mulleres, designadas polas “actividades da vida nacional”, é dicir, polo seu apostolado social[7]. Incorporouse en outubro de 1927 á sección de Acción Social, Sanidade e Beneficencia. O 14 de decembro de 1929 recibiu do ministro Eduardo Aunós a medalla de prata do Traballo[8].

Tras a fin da ditadura e despois das eleccións municipais de España de 1931, seguiu militando na Acción Católica da Muller dentro das tendencias que, sen saír do apoliticismo organizativo, fomentaban a participación política individual. En novembro de 1931 incorporouse á constituída Sección Feminina de Acción Popular. En 1934 foi nomeada presidenta do xurado mixto de Vestimenta e Tocado de Madrid[9].

Tras o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé á guerra civil española mantívose en Madrid, doente de diabetes[10]. No momento do seu falecemento era vogal da Xunta municipal de primeira ensinanza de Madrid[11].

Como conferenciante disertou sobre Exeria no Lar Gallego de Madrid[12]. Escribiu o drama La verdadera felicidad, representado na Coruña en 1958[13].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Filla do enxeñeiro e fotógrafo Gustavo Luzzatti dal Pozzo[14] e da ponferradina Margarita Quiñones Armesto, foi irmá de Gustavo, Margarita, Jerónimo, Emilia e Susana Luzzatti Quiñones[15]. Casou co militar melidao Jovino López Rúa[10], e foi nai de Gustavo (n. 1 de novembro de 1908), Teresa (nada o 12 de abril de 1911 e asistente á Universidade Popular da Muller[5]), María, José e Margarita López Luzzati[14]. Foi curmá do político José María Gil Robles.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Necrológicas. Doña Teresa Luzzatti". ABC (en castelán). 17 de novembro de 1942. p. 19. 
  2. Asamblea Nacional (1927). Biografías y retratos de los señores asambleístas y numerosos datos del mayor interés. Madrid: Publicaciones Patrióticas. 
  3. "Acción Católica de la Mujer". ABC. 21 de novembro de 1922. p. 16. 
  4. Araque Hontangas, N. (2010). La educación secundaria femenina. 1900-1930. Editorial Complutense. p. 124. 
  5. 5,0 5,1 "Reparto de premios en la Acción Católica de la Mujer". ABC. 1 de xullo de 1928. p. 28. 
  6. Thivierge, N. (1982). Écoles ménagères et instituts familiaux: Un modèle féminin traditionnel. Histoire de l‘enseignement ménager-familial au Québec, 1882- 1970. Québec. 
  7. Grana-Gil, I. M.; Trigueros Gordillo, G.; Robles Sanjuan, V. (2019). La identidad femenina durante la dictadura de Primo de Rivera: las mujeres asambleístas (Informe). Universidade de Málaga. 
  8. La Vanguardia, 15 de decembro de 1929.
  9. José Ayats (12 de decembro de 1934). "Ministerio de Trabajo, Sanidad y Previsión. Órdenes" (PDF). Gaceta de Madrid. 
  10. 10,0 10,1 "La hija feminista de un pionero de la fotografía". Diario de León. 21 de outubro de 2012. 
  11. "Comisión Municipal Permanente". Boletín del Ayuntamiento de Madrid (en castelán) (Madrid). 21-11-1942. ACUERDOS: Consignar en acta el sentimiento de la Corporación por el fallecimiento de doña Teresa Luzzatti, Vocal de la Junta Municipal de Primera Enseñanza, y transmitir el pésame a la familia 
  12. "Noticias e informaciones diversas". ABC. 29 de abril de 1930. p. 32. 
  13. "Velada artística de las Mujeres Obreras de la A. C.". Hoja del Lunes. 17 de febreiro de 1958. p. 9. 
  14. 14,0 14,1 García González, M. J. (2012). "El ingeniero Gustavo Luzzatti, pionero fotográfico de Ponferrada, y su familia". Bierzo: 87–101. 
  15. Paco Moreno (19 de maio de 2017). "«Jerónimo Luzzati era ingeniero y nada más»". Las Provincias. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ballarín Domingo, P. (1999). "Maestras, innovación y cambios". Arenal 6 (1): 81–110. 
  • Blasco Herranz, I. (2003). Paradojas de la ortodoxia. Política de masas y militancia católica en España (1919-1939). Zaragoza: Onys 21. 
  • Díaz Fernández, P. (2005). "La Dictadura de Primo de Rivera. Una oportunidad para la mujer". Espacio, Tiempo y Forma. Volumen V. Historia Contemporánea (Universidad Nacional de Educación a Distancia) XVII: 175–190. 
  • Duch Plana, M. (2004). "Asambleístes, diputades i procuradores: dones a la res pública a l’Espanya del segle xx". En R. Congost; F. Llorenç. Homenatge al dr. Emili Giralt i Raventòs. Barcelona: Edicions de la Universitat. pp. 411–424. 
  • Folguera Crespo, P. (1983). "Feminismo y Estado: La participación de la mujer en las instituciones políticas durante la Dictadura de Primo de Rivera". Bulletin du Departement de Recherches Hispaniques (27 (VI-1983)): 32–56. 
  • García Martí, V. (1 de decembro de 1931). "Mujeres gallegas. Teresa Luzzatti". Mundo Gráfico. p. 33. 
  • González Castillejo, M.ª J. (1994). "Los conceptos de mujer, ciudadanía y patria en la dictadura de Primo de Rivera. Imágenes, símbolos y estereotipos". Preactas del II Coloquio Internacional de la Asociación Española de Investigación Histórica de las Mujeres. Santiago de Compostela. 
  • Laffitte, M. (1964). La mujer en España. Cien años de su historia. Madrid: Aguilar. 
  • Marvaud, A. (1975). La cuestión social en España. Madrid: Ediciones de la Revista de Trabajo. 
  • VV.AA. (1927). Tercera Asamblea de la Acción Católica de la Mujer. Madrid. 
  • VV.AA. (2005). Dones públiques. Política i Gènere a l’Espanya del segle xx. Tarragona: Arola.