Teresa Lema Varela
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1924 Mens, España |
| Morte | 26 de agosto de 2019 Mens, España |
| Actividade | |
| Ocupación | labrega |
| Membro de | |
Teresa Lema Varela[1], tamén coñecida como Teresa da Canónigha,[2] nada en Mens (Mens, Malpica de Bergantiños) en 1924 e finada no mesmo lugar o 26 de agosto de 2019, foi unha cantareira galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como labrega.[1] Xunto con Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido, Manuela Lema e Adela Rey Torrado formou parte das Pandeireteiras de Mens.[1] Tras coñecer a Manuel Cajaraville Pensado en 1972, acompañaron a Agrupación Folclórica Aturuxo por países europeos e americanos.[1] Finou en Mens o 26 de agosto de 2019.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Boullón Agrelo, Ana. "Da tradición á vangarda". Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-02.
- ↑ Busto Miramontes, Beatriz (2021). "Pandereteiras de Mens". Consultado o 2025-01-02.
- ↑ "Murió Teresa da Canóniga, la última de las pandereteiras vellas de Mens", La Voz de Galicia, Carballo, 27-8-2019, p. L4.