Teresa Inglés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teresa Inglés
Nacemento1949
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento2009
Lugar de falecementoGranollers
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora e pintora
editar datos en Wikidata ]

Teresa García Inglés, nada en Barcelona en 1949 e finada en Granollers en 2009, foi unha escritora e pintora catalá, coñecida como Teresa Inglés e co pseudónimo Cordelia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Teresa Inglés ingresou no Institut do Teatre de Barcelona, onde dirixiu a obra de ciencia ficción Sodomáquina (1968), do escritor Carlo Frabetti. Con este autor iniciou unha relación artística e literaria e converteuse na coautora de gran parte da súa obra nos anos 70.[1]

Outra obra do mesmo autor, Erobótica, preparouse para a súa escenificación na HispaCon de 1970, o segundo congreso da súa historia. Sería protagonizada por Frabbetti no papel de paria e Teresa Inglés como Nefelia, con todo, o evento non se chegou a celebrar por non conseguir a autorización administrativa.[2]

1970 foi un ano decisivo para o teatro de ciencia ficción en España e Teresa Inglés, entre as súas múltiples actividades, foi partícipe e impulsora dunha publicación monográfica dedicada ao teatro en Yorick, recollendo textos nos que se combinaban reflexión e creación.[3][2]

Ao mesmo tempo, formou parte da liga Antipatriarcal de Mujeres Antiautoritarias y Radicales (LAMAR), xurdido en 1975 da escisión do Colectivo Feminista de Barcelona, que despois se converteu no partido Feminista.[4] Despois de ler un artigo de Carlo Frabetti titulado "Kárate y fascismo" publicado na revista El viejo topo, contactárono interesadas en coñecer onde podían aprender técnicas de defensa persoal. Finalmente foi Frabetti quen adestrou ao colectivo ao non atopar a ningún instrutor disposto a ensinar a mulleres nesas técnicas, debido ao machismo da época. Foi unha aprendizaxe mutua e recoñeceu que "cobrei conciencia do xeneralizado que estaba o machismo en todas as súas manifestacións, mesmo no seo da esquerda (e na miña propia conduta, por suposto)".[4]

Teresa Inglés xunto ás súas compañeiras de LAMAR, adestradas na defensa persoal, formaron un comando de mulleres co que realizaron diversas accións en Barcelona, que impactaron na cidadanía da época.[5]

En 1970 publicou a obra dramática Complemento: Un home, escrita con Luís Vigil, en Nueva Dimensión. Dous anos despois foi reeditada como relato en Antología Española de ciencia ficción 2, de Raúl Torres.[6]

Escribiu o relato O xardín de alabastro en 1977 e foi seleccionado para unha antoloxía intenacional, Twenty Houses of the Zodiac, realizada para a XXXVII Worldcon (New English Library, 1979; edición de Maxim Jakubowski).[5]

Ademais da escritura, cultivou a música, a danza, a pintura e o cómic co pseudónimo Ramonetta. Na revista Nuevo Fotogramas traballou como crítica teatral.[5]

En 2018, El jardín de alabastro publicouse en Distópicas, un dos dous volumes que compoñen a Antología de escritoras españolas de ciencia ficción realizada polas escritoras e estudosas do xénero Teresa López-Pellisa e Lola Robles. Teresa Inglés, xunto a outras autoras do xénero de ciencia ficción foron incluídas na que foi a primeira antoloxía dedicada a esta temática e a creadoras femininas.[7][8]

Viviu no campo, a partir de finais dos anos 70, despois de sufrir unha crise persoal. Nos últimos anos da súa vida dedicouse á pintura.[1]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

1977: Premio Nueva Dimensión, polo seu relato El jardín de alabastro[5].

Obras[editar | editar a fonte]

  • Complemento: un hombre (coescrita con Luís Vigil). Nueva Dimensión, 15. Maio-xuño, 1970.
  • De R.U.R. al living. Triunfo, 489, 1972, suplemento especial dedicado á ciencia ficción.
  • El jardín de alabastro. Nueva Dimensión, 86. Febreiro, 1977.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Autoras" (en castelán). 2018-03-05. Consultado o 2021-10-11. 
  2. 2,0 2,1 "Alambique. Revista académica de ciencia ficción y fantasía". 
  3. "Editorial [Yorick 41-42] (Editorial) | Contenido | Biblioteca | La Tercera Fundación". Consultado o 2021-10-21. 
  4. 4,0 4,1 "Este hombre entrenó a activistas feministas catalanas en los 70" (en castelán). Consultado o 2021-10-11. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 López-Pellisa, Teresa; Robles, Lola (2018). DISTÓPICAS. Antología de escritoras españolas de ciencia ficción. Libros de la ballena. p. 215. 
  6. "Antología española de ciencia ficción 2 | Ficha | Biblioteca | La Tercera Fundación". Consultado o 2021-10-21. 
  7. exitofem. "Hay que leerlas a ellas – exitofem" (en castelán). Consultado o 2021-10-11. 
  8. "Encuentros con Paula Corradetti" (en castelán). Consultado o 2021-10-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]