Teresa Bernárdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Teresa Bernárdez
Nacemento 11 de xuño de 1931
  Buenos Aires
Falecemento 12 de xullo de 2010
Nacionalidade España
Educada en Universidade de Bos Aires
Ocupación psiquiatra
editar datos en Wikidata ]

Teresa Bernárdez, nada o 11 de xuño de 1931 en Buenos Aires e falecida en East Lansing (Michigan), o 12 de xullo de 2010[1], foi unha psiquiatra galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bernárdez era filla dos masidaos Francisco Fernández e Dolores Nóvoa, e irmá da escritora e tradutora Aurora Bernárdez. Doutora en Medicina pola Universidade de Buenos Aires, completou a súa formación no Hospital Vaugirard de París, no hospital universitario de Topeka (Kansas), no londiniense Clínica Tavistok e no Radclife College de Harvard. Desenvolveu a súa carreira como catedrática de psiquiatría na Universidade do Estado de Michigan e como psicoterapia ata a súa xubilación.

Profesionalmente a súa especialización orientouse á saúde mental da muller e liderou unha batalla nos anos 80 para que a Asociacion Americana de Psiquiatría deixase de considerar enfermidades mentais o trastorno disfórico premenstrual, a biastofilia e o trastorno de personalidade masoquista. A súa produción científica máis destacada vira ao redor da saúde psiquiátrica da muller[2][3].

Obra[editar | editar a fonte]

Ademais da súa produción científica, Bernárdez compilou un volume da súa poesía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bernardez M.D[Ligazón morta], necrolóxica publicada no Lansing State Journal, 16/7/2010, e republicada na web Legacy.com]
  2. Prevalent Disorders of Women: Attempts Toward a Different Understanding and Treatment, Women & Therapy, 3, 3-4, 1984.
  3. The Female Therapist in Relation to Male Roles[Ligazón morta], in Men in Transition: Theory and Therapy, de Kenneth Solomon e Norman Levy, Plenunm Press, 1982, Nova York.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns relacionadas[editar | editar a fonte]