Saltar ao contido

Teresa Bermúdez Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeresa Bermúdez Montes
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1969 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte6 de decembro de 2025 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña - filoloxía galega Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo (2012–2025)
Universidade de Vigo (2006–2011)
Universidade Autónoma de Barcelona (1997–2002) Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1543737 BUSC: bermudez-montes-maria-teresa-1969 Dialnet: 591303

María Teresa Bermúdez Montes, nada en Londres o 8 de novembro de 1969 e finada o 6 de decembro de 2025, foi unha profesora e crítica galega que centrou as súas investigacións na xeración literaria dos 50, tamén coñecida como da Nova Narrativa Galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Teresa Bermúdez estudou Filoloxía Galega na Universidade da Coruña e foi profesora na Universidade Autónoma de Barcelona e na Universidade de Vigo.[1] En 2002 defendeu a tese de doutoramento na Universidade da Coruña, dirixida por Xosé María Dobarro Paz e titulada A nova narrativa galega: os intentos de renovación (1950-1971).

Traballou na edición crítica da obra dalgúns autores desa xeración con estudos que aportaron un coñecemento exhaustivo sobre obras con escasa atención crítica. Editou a obra de Gonzalo R. Mourullo e de Xohán Casal, analizou a narrativa de Xohana Torres e escribiu artigos sobre María Xosé Queizán e Carlos Casares. Posteriormente centrouse no estudo da narrativa breve máis recente e na obra poética de autores actuais como Lois Pereiro e Lupe Gómez.

Ten unha gran cantidade de artigos en diversas revistas e participou tamén en diversas publicacións entre as que destacan:

  • 2002, Unha lectura de Adiós María de Xohana Torres. Vigo: Edicións Xerais ISBN 84-8302-753-4
  • 2002, Nasce un árbore. Memorias de Tains, de Gonzalo Rodríguez Mourullo, Edición e estudo de María Teresa Bermúdez Montes. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-8302-641-0
  • 2005, O Camiño de abaixo. Coescrito con Xohán Casal. Vigo: Edicións Xerais de Galicia ISBN 84-9782-281-1
  1. "María Teresa Bermúdez Montes". uvigo.es. 23 de maio de 2014. Consultado o 6 de decembro de 2025.